#Claves de la semana
Comisión 8ª do Parlamento Galego

O valor económico dos produtos procedentes da acuicultura incrementouse perto de 23 millóns de euros o ano pasado

O valor da produción acuícola galega no 2014 foi de perto de 172 millóns de euros, correspondendo o 68% aos moluscos, o 32% aos peixes e o restante ao cultivo de algas.



|


O secretario xeral do Mar e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro 

O valor económico dos produtos procedentes da acuicultura galega incrementouse en perto de 23 millóns de euros no 2014, o que supuxo un aumento de máis do 15% con respecto ao ano anterior. Así o adiantou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento. Así mesmo, trasladou que o valor total da produción acuícola galega no 2014 foi de perto de 172 millóns de euros, correspondendo preto do 68% aos moluscos, o 32% aos peixes e o restante ao cultivo de algas.


O secretario xeral do Mar destacou que as cantidades de produto procedente da acuicultura aumentaron o ano pasado en máis dun 27%, o que se traduce en máis de 53 toneladas de peixe e marisco cultivado en catividade se comparamos os datos cos do 2013. Juan Maneiro fixo un despece da evolución da produción acuícola o ano pasado. Neste sentido dixo que se produciron máis de 246.000 toneladas de produtos mariños con orixe na acuicultura. Dentro desta cantidade, o 96% corresponde a moluscos bivalvos, destacando o mexillón que incrementou a súa produción con respecto ao 2013 nun 28% (máis de 52.200 toneladas).


Maneiro fixo fincapé no incremento das cantidades do cultivo de mexillón e rodaballo, os produtos estrela da acuicultura galega. Neste sentido, sinalou que “os datos amosan unha evolución positiva tanto nas cantidades cultivadas coma no seu valor en primeira venda e fannos amosarnos moderadamente optimistas”, dixo.


Frota do cerco


No relativo á reclamación do cambio de modelo de xestión e reparto das posibilidades de pesca das especies peláxicas, o secretario xeral reiterou que o Goberno galego considérao como o sistema máis axeitado que foi posible negociar, tendo en conta que tamén estaban sobre a mesa de negociación os intereses asturianos, cántabros e vascos. “Parécenos un reparto acorde á lexislación e cuns criterios definidos nos que a ponderación socioeconómica da nosa frota foi considerada e no que temos que ver a vantaxe de saber canto e como podemos pescar”, dixo Maneiro.


Lembrou que o actual modelo de xestión responde ao obxectivo de corrixir a inxusta distribución de cotas -unha antiga demanda do sector feita a este Goberno ao inicio da anterior lexislatura- e ao de ampliar a escasa cota dispoñible de xarda como consecuencia da multa imposta por sobrepesca por parte da UE.


Situación sector marisqueiro


En relación coa situación do marisqueo, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, recalcou a aposta do seu departamento por recuperar zonas improdutivas. Neste sentido dixo que a Xunta destinou desde o ano 2010 un total 9,6 millóns de euros para a recuperación de 6 millóns de m², a falta de contabilizar o ano 2015.


Polo que respecta aos permisos de explotación marisqueira dixo que entre os anos 2010 e 2014 déronse de alta 880 permisos de explotación fronte ás 481 altas dos anos 2005 e 2009. Isto é, case o 65% das altas feitas entre o 2005 e o 2014 corresponde ao período 2010-2014 e fixo fincapé nos 256 permex convocados xa este ano para o marisqueo a pé.


Susana Rodríguez tamén incidiu no reinicio da explotación do reló –aproxímase ás 47 toneladas extraídas no que vai de ano- e na mellora da produción de ameixa rubia -que o ano pasado superou nun 21% á do ano anterior-. Estes feitos axudan a incrementar a renda media das mariscadoras a pé, que experimentou no 2014 unha recuperación do 12% respecto ao 2013.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE