#Claves de la semana
RECINTO FEIRAL DE ALCOBENDAS (MADRID)

IX Romaría Galega da diáspora residente en Madrid, organizada por FAGAMA

O secretario xeral da Emigración anima os galegos residentes na capital de España a afondar no camiño da optimización de recursos e no pulo á proxección de Galicia máis aló do territorio


|

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este sábado na IX Romaría Galega da Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), que tivo lugar na localidade de Alcobendas, ata onde se achegou boa parte da diáspora residente na capital española e provincia.


Trátase da novena edición dunha das moitas actividades que a Federación desenvolve ao longo do ano para fomentar a unión entre os asociados e asociadas ás entidades. Son actividades como conferencias, ofrendas florais, festas gastronómicas e populares, cursos, concursos e eventos culturais, torneos e concentracións deportivas, encontros musicais, excursións, semanas monográficas, ceas e mercados solidarios, concertos, magosto, e un longo etcétera que completa un amplísimo abano de posibilidades ao alcance das e dos asociados ás comunidades que integran a Federación, fundada no ano 2004.


A optimización de recursos que caracteriza as celebracións da diáspora galega en Madrid foi posto en énfase durante esta xornada polo secretario xeral da Emigración, quen salientou que “mediante esa unidade e esa interacción entre comunidades, que son símbolos de identidade de FAGAMA, as múltiplas actividades deseñadas por cada asociación acadan un efecto multiplicador, e chegan a máis galegas e galegos”. Rodríguez Miranda engade que “ademais, fortalecen o espírito de unión que sempre definiu á Galeguidade en todo o mundo e, como non, tamén na capital de España”.


Precisamente, a situación estratéxica das comunidades integrantes da Federación é un activo que, segundo o máximo responsable autonómico en materia de Emigración, se debe poñer en valor: “O mesmo ca no pasado, nestes momentos nos que iniciamos a recuperación económica Galicia necesita das e dos seus fillos espallados por todo o mundo. Só eles poden axudarnos a mellorar a proxección nacional e internacional da nosa cultura e da nosa economía”, engadiu Miranda.


Celebración


A xornada, na que participaron un gran número das e dos membros das asociacións integrantes, desenvolveuse cunha recepción a tódolos grupos participantes na explanada do Recinto Feiral de Alcobendas, á que seguiu un pasarrúas das bandas das asociacións integrantes, oficio relixioso, concurso de tartas e arroz con leite, celebración campestre, entrega de agasallos conmemorativos e premios aos gañadores e gañadoras dos concursos, actuacións dos grupos folclóricos das distintas entidades, e baile.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE