#Claves de la semana
AS FRAGAS DO EUME ( CORUÑA)

Premio europeo a recuperación do entorno do Mosteiro de Caaveiro

O proxecto de intervención no entorno do mosteiro de Caaveiro, propiedade da Deputación da Coruña, vén de recibir o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico na categoría de espazos exteriores.


|


Capela do Mosteiro de Caaveiro (Coruña)


O proxecto de intervención no entorno do Mosteiro de Caaveiro, propiedade da Deputación da Coruña, vén de recibir o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico na categoría de espazos exteriores.


O deseño de Isabel Aguirre Urcola e Celestino García Baña foi elixido entre máis de 32 propostas pola súa “renuncia a favor da expresividade do lugar”.


O xurado, composto polos expertos Joaquín Pérez, Jose Luís Infanzón e Giuseppe Lonetti, sinalaron da intervención que “cunha economía de recursos consegue unha máxima integración co sitio”. “Nun mundo global, esta obra representa un manifesto en defensa da recuperación da identidade, a memoria e a natureza”, concluíron.


O Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico é un certame organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Cataluña (COAC) e a Agrupación de Arquitectos para a Defensa e a Intervención no Patrimonio Arquitectónico (AADIPA), en colaboración da Generalitat de Cataluña, co obxectivo de distinguir a boa práctica patrimonial e contribuír á súa propagación. 


Nesta segunda edición presentáronse case 200 obras de 25 países diferentes. Ademais, con este premio, que se divide en categorías, clausúrase a Bienal Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA que se celebrou o pasado venres en Barcelona.


O proxecto levado a cabo no mosteiro destaca polo seu respecto ao que xa existía e ao seu entorno. Entre os seus elementos resalta, por exemplo, os accesos que foron creados a través dun camiño de lousa.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE