#Claves de la semana
SANTIAGO DE COMPOSTEA

O BNG lamenta o resultado da Deputación de Lugo que confirma que Martínez non era o candidato acaído para presidir a institución

Sanmartín: “Un imputado que demostrou ser capaz de poñer a súa ambición persoal por riba do seu propio partido e dos intereses da institución”


|

O BNG considera que o resultado da votación no Pleno da Deputación de Lugo confirma, “lamentablemente”, que tiña razón cando comunicou que o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, non era a persoa adecuada para presidir a institución, nun tempo en que a cidadanía esixe máxima exemplaridade dos cargos públicos.



“Non só era un candidato imputado senón que demostrou ser unha persoa capaz de antepoñer os seus intereses e ambición persoal aos da súa propia organización política e aos da propia institución provincial. É evidente, que o resultado do Plenario demostra que o señor Martínez non era a persoa acaida para presidir esa institución”, valorou a secretaria de Política Municipal, Goretti Sanmartin, nunha comparecencia de urxencia ante os medios.



A formación nacionalista salienta que o sucedido en Lugo “é xusto o contrario do que defende o Bloque para as deputacións”, que deben estar nas antípodas “da loita polos cargos, do presidencialismo, das decisións unilaterais”, recalcou Sanmartín. Fronte a iso, “o BNG reafirmase no diálogo, na negociación e no consenso”.



“O modelo do Bloque Nacionalista Galego para as deputacións, - no camiño cara a súa desaparición-, é o da transparencia, a radicalización democrática no seu funcionamento, acadar entidades ao servizo dos concellos que, hoxe máis ca nunca, entendemos deben, -concellos e Xunta de Galiza-, asumir os recursos e as competencias destas institucións”, argumentou a secretaria de Política Municipal.



Para o BNG, resulta politicamente moi elocuente o feito de que o PP non teña remorsos en acceder á Presidencia da Deputación de Lugo “co apoio dunha persoa que non é da súa organización, persoa capaz de poñer o seu protagonismo político e as súas ambicións persoais por diante de calquera outra consideración”.



Neste sentido, o BNG valora moi positivamente a responsabilidade política do PSOE ao dar unha alternativa á Presidencia da Deputación de Lugo libre de calquera imputación, feito que permitiu o apoio do BNG na votación no plenario da institución, ao tempo que se confía na capacidade do Partido Socialista para reconducir a situación a través das canles e órganos políticos que corresponda.


Nese suposto, o Bloque reitera a súa “total disposición” a favorecer un goberno alternativo ao PP na Deputación de Lugo en canto sexa posible, cun programa coherente ao servizo dos intereses de todos os concellos da provincia.



En todo caso, o BNG considera que é necesario retomar as negociacións para seguir avanzando no programa político e no modelo de deputacións para o futuro e insta ao PSOE. “Emprazamos ao Partido Socialista a reanudar ese proceso de negociacións o máis axiña posible, para poñernos a traballar de xeito inmediato a poder ser mañá mesmo, sentarse para consensuar un programa alternativo, no que o BNG confía e polo que traballará todo o que sexa necesario”, concluíu Sanmartín.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE