#Claves de la semana
TENSA RELACIÓN

Os alcaldes de Santiago e Ferrol cargan contra Feijóo polo discurso "lamentable" nas Medallas Castelao

  • Noriega acusa a Feijóo de instrumentalizar "de forma partidaria" as Medallas Castelao 
  • Suárez asegura que "excedeu o puramente institucional" e que utilizou "un ton demasiado político"


|

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou que, "ante os problemas de axenda que había" para que puidese asistir á entrega das Medallas Castelao e "para derivar en alguén" a representación do Concello, Compostela Aberta "fixo unha valoración política" que sostén que "hai tempo" que "este tipo de actos" non teñen "a dimensión institucional que deberían ter". "E son sistematicamente instrumentalizados partidariamente", aseverou.


"Os acontecementos de onte -por este domingo- confirman esa lectura", aseverou este luns o rexedor compostelano a preguntas dos medios de comunicación en rolda de prensa tras reunirse a xunta de voceiros da Casa do concello.

En primeiro termo, Noriega mostrou a súa "sorpresa pola repercusión que ten a non presenza nos actos, sexan do tipo que sexan, neste caso" da súa persoa "como representante do goberno de Compostela". "Non sempre imos poder estar en todos os sitios. Non somos omnipresentes", advertiu.

Pero, a liña seguida, o primeiro edil, que accedeu ao bastón de mando na capital galega encabezando a candidatura de Compostela Aberta, argumentou que no seu día "fíxose unha valoración de grupo de goberno" e "había problemas de axenda do resto do grupo" e pola súa parte "persoalmente tamén".

"Tamén se fixo unha valoración política, que foi que entendiamos que este tipo de actos dende hai tempo non teñen a dimensión institucional que terían terían e son sistematicamente instrumentalizados partidariamente", sentenciou.

Con todo, recoñeceu que "é certo que esa valoración se fixo ante os problemas de axenda que había" para que el puidese estar "e para derivar en alguén". Cuestión, esta última, que engadiu "que en todo caso non chegaría, porque parece que a cuestión é que tiña que estar o alcalde".

CASTELAO "COMO ARMA ARROXADIZA"

Ao respecto da entrega das Medallas Castelao, reprochou que un acto institucional sexa "aproveitado polo presidente da Xunta para fixar unha posición partidaria contra movementos que democraticamente nestes momentos ocupan posicións de responsabilidade en importantes cidades do país". "Vén a darnos a razón: eses actos están a ser instrumentalizados de forma partidaria", incidiu.

Ao seu xuízo, estes actos "deben valer para reivindicar a figura de Castelao" e para "recoñecer cidadáns ao longo do país", pero "non para atacar decisións que lexitimamente están defendendo representantes públicos nas institucións e para utilizar a figura de Castelao como arma arrojadiza contra eses representantes públicos".

En todo caso, Martiño Noriega afirmou que a súa "vontade" é "representar o Concello de Santiago nos actos institucionais". "Faltaría máis. Aí estaremos dentro das nosas posibilidades", apostilou.


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), considerou o discurso pronunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na entrega das Medallas Castelao foi "lamentable" e que "excedeu o puramente institucional e fora de lugar".

Segundo o rexedor ferrolano, se trataba dun "acto institucional, que está por enriba das forzas políticas que ostenten o poder" e remarcou que, en compañía do alcalde da Coruña e da alcaldesa de Lugo, foron "testemuñas dun discurso" no que Feijóo "mantivo un ton demasiado político", nun acto que se supón que é de celebración para toda Galicia".

Así, o alcalde tamén mostrou o seu rexeitamento "á unión da tradición de Castelao coa espiritual de Galicia, e co obxectivo de tratar de corrixir posicións que manteñen algúns concellos, como A Coruña ou Santiago", en alusión á ofrenda do Antigo Reino de Galicia, "un acto relixioso", celebrado hai uns días en Lugo.

RESPECTO

Jorge Suárez reclamou, para este tipo de actos, "respecto a todo tipo de ideoloxías e forzas políticas" e que neles "non se inmisza na política concreta de cada concello".

Por iso, reclamou que "nos próximos anos o discurso non exceda do puramente institucional e que non se agrida á decisións que se están a tomar democraticamente" nalgúns concellos. "Máxime, cando se está respectando a norma constitucional que falan da aconfesionalidade do Estado", agregou.

Por outro lado, Suárez indicou que neste acto non mantivo ningún encontro co presidente da Xunta, pero manifestou que falou con el tras a investidura, xa que o chamou por teléfono.

O alcalde trasladou que si tivo ocasión de falar "con algúns conselleiros e directores xerais, ademais dos premiados, que eran os que importaban ese día, máis alá do presidente", abundou.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE