#Claves de la semana
A CORUÑA

Wagner, Bernstein e Richard Strauss no programa da Temporada Lírica na Coruña

“É un privilexio seguir con esta aposta musical xa clásica na cidade”, subliñou o concelleiro de Cultura, José Manuel Sande


|

A Coruña, 1 de xullo de 2015.­ O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este mércores á mañá a Temporada Lírica, que comezará o 3 de setembro e que nesta edición traerá aos escenarios coruñeses a ópera O holandés errante, de Richard Wagner, na que será a primeira representación do compositor alemán na cidade en máis dun século. “Desde o Goberno municipal entendemos como crucial a inauguración do programa. Para nós é unha honra e un privilexio seguir con esta aposta musical xa clásica na cidade”, salientou o concelleiro, para eloxiar as sete óperas e a “infinidade de actividades complementarias” do ciclo. 


Ademais da obra de Wagner, que se representará o 9 e o 11 de xuño, o programa incorpora nomes como o de Richard Strauss ­a quen a OSG dedica este ano un apartado importante da súa programación sinfónica­ co título Salomé, que se representará o 13 de febreiro no Pazo da Ópera e que suporá a estrea da obra en Galicia. Tamén haberá espazo para a música do século XX, a través de grandes obras do teatro lírico contemporáneo como O castelo de Barba Azul, de Bela Bartok, e Suor Angelica, de Giacomo Puccini, que se representarán o 26 de setembro nun programa dobre, ou West Side Story, de Leonard Bernstein (2 de xullo), que servirá para conmemorar o quinto centenario da morte de William Shakespeare; do mesmo xeito, a Temporada Lírica lembrará a figura de Cervantes no centenario da súa morte, a través do concerto Melodías do Quixote e doutras referencias. O trobador, de Giuseppe Verdi, será a ópera coa que arrancará o 3 de setembro a programación, que se completa coa obra de G.F. Haendel Parténope (19 de xaneiro). 


A tempada deste ano estará dedicada ao tenor malpicán Ignacio Varela, e integra un amplo número de propostas dentro dos ciclos complementarios nos que, entre outras actividades, conmemorarase o centenario de Frank Sinatra cun recital a cargo do barítono Borja Quiza, en novembro.


Na presentación do programa 2015/2016 estiveron presentes, xunto ao responsable municipal, a presidenta de Amigos de la Ópera, Natalia Lamas, o director artístico da Temporada Lírica, César Wonenburger, o director do Agadic, Jacobo Sutil, Begoña Freire, pola Deputación, e Andrés Lacasa, director OSG, en representación das institucións e entidades participantes.


No acto público, o concelleiro de Cultura falou tamén do programa de festas da cidade, do que declarou que se está a perfilar “con austeridade económica” e cuxa estrutura, indicou, está xa “fixada e avanzada”. Sobre as touradas, José Manuel Sande avanzou que o Concello continúa no proceso para rescindir o contrato coa empresa encargada, en consonancia co que se recollía no programa da Marea Atlántica. “Estamos pendentes das propostas económicas”, detallou.

Última hora

1 Comentarios

1

Anonymous1 de Xullo de 2007Parece que en asuntos bitboilecarios o novo goberno municipal tame9n este1 “despistado”, polo que se deriva da lectura do pacto; e9 sintome1tico que sf3 se fale do tema ao citar e1 “Gran (sic) Biblioteca do Estado”, non falan en absoluto das bibliotecas (en plural) municipais integradas en rede. Estes dedas anfanciouse a posta en marcha dun plan de animacif3n e1 lectura, pero bfonde este1 o programa co seu presuposto, co seu persoal, co seu calendario, etc.? Realmente, bfsaben o que e9 unha biblioteca, as sfaas funcif3ns, unha rede, etc.? bfpreguntaron no propio Concello se algue9n sabe algo desto? (e9 probable que tef1an algo me1is que pistas). Outra cousa me1is: en Cultura e en bibliotecas e9 posible que a cidadaneda demande sf3 o que cof1eza; polo que, se as institucif3ns especialmente o Concello non pof1en o tema a andar, pode que a xente sf3 demande me1is horario de apertura de espazos para estudar (a1ollo!, pero eso non e9 unha biblioteca). Porque, por exemplo: bfquen demandou unha mediateca ou a posta en marcha da seccif3n de audiovisuais da Biblioteca Central?, bfsaben que a planta segunda da Biblioteca dotouse en 1995 de equipos para servizos de “videoteca” e “fonoteca” e nunca se chegaron a abrir ao pfablico?, bfquen demandou a apertura desta planta, aparte do propio persoal de bibliotecas? este1 claro que sf3 se demanda o que se cof1ece… e o deda que funcione a Seccif3n de Audiovisuais (ou unha Mediateca) a peticif3n extenderase xunto coas bibliotecas pfablicas (con maifascula) que corresponden a Teis, Calvario, Coia, Navia (con me1is poboacif3n que moitas vilas galegas) e aos outros puntos xeogre1ficos que se determinen no Plan Municipal de Bibliotecas e Lectura (que teredan que empezar xa a redactalo para pof1elo a andar co presuposto de 2008). Sorte para todo o mundo.

escrito por Alvaryko 26/jul/15    15:44

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE