#Claves de la semana
BRILAT, FIGUEIRIDO(PONTEVEDRA)

A Brilat incorpora drons á loita contra incendios

A conselleira de Medio Rural minimizou as críticas sobre falta de medios para frear o lume e afirmou que "non hai brigadistas traballando en pantuflas"


|

Militares con el dron Raven RQ-11b 


A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat) presentou onte, na base pontevedresa de Figueirido, a IX operación Centinela Galego para a prevención de incendios forestais na que, como novidade, incorpórase o uso de sistemas aéreos non tripulados para vixiar e disuadir aos incendiarios no monte galego.


Aínda que o número e localización dos drons de vixilancia non se revelou, o Exército si precisou que se trata do RQ-11 Raven, unha aeronave que se lanza coa man e está propulsada por un motor eléctrico. Trátase dun modelo que pode ser controlado remotamente desde terra ou voar de forma autónoma con navegación GPS.


O avión pode voar a unha velocidade entre 45 e 95 quilómetros por hora e alcanza unha altura de 305 metros sobre o nivel do chan. Entre as súas características, o dron incorpora unha cámara de vídeo e ten capacidade para gravar na escuridade.


"O sistema cubrirá, en sucesivos despregamentos, toda a zona de actuación", adiantou Luís Cebrián Carbonell, xeral xefe da Brilat. Cebrián presenciou, xunto á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e o xefe de operacións da base, Carlos Molina, o despregamento das 25 patrullas que conforman a operación Centinela Galego, pertencentes a distintas unidades da Brilat e ao Terzo Norte de Infantería de Mariña da Armada.


Na súa intervención, a conselleira defendeu a importancia do acordo co Exército, xurdido en 2006, e que, ao seu entender, segue sendo "fundamental". Neste eido, resaltou que onde se incrementou a actividade preventiva militar "os incendios desapareceron", ao que engadiu a capacidade de "manter a calma" da poboación.


Quintana tamén saíu ao paso das críticas sobre a falta de medios para a loita contra incendios e sinalou que "non hai brigadistas traballando en pantuflas". Expresou que lle gustaría "que se valore o que se ten" en relación aos recursos contra os lumes e destacou que este ano cambironse 28 motobombas. Así mesmo, precisou que a cifra de 7.000 traballadores contra o lume completarase ao longo da campaña, contando os medios de todas as administracións.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE