#Claves de la semana
ISLAS CIES(PONTEVEDRA)

Buscan nome á gaivota que gravou un vídeo de Cíes tras roubar unha “GoPro”

Bajo el título: "Una gaviota roba mi cámara GoPro y graba una panorámica de las islas Cíes (España)" 

 

|

Fotograma do video

O Concello de Vigo busca nome para a gaivota que se fixo famosa en Internet despois de que supostamente se fixese coa cámara ‘GoPro’ duns turistas e gravase un vídeo nas Illas Cíes, que agora vai ser utilizado para a campaña de promoción ‘Illas Cíes Patrimonio da Humanidade’ ante a Unesco.


O alcalde, Abel Caballero, así o comunicou en declaracións aos medios este xoves, onde manifestou que está “encantado coa gaivota”, pois “non hai precedentes na historia da humanidade de que unha gaivota competise cos drones”, cos voos aéreos, cos avións, aos “efectos dunha filmación”.


O vídeo empeza coa cámara apoiada nun muro gravando a gaivota, que, tras uns instantes, consegue a cámara e levanta o voo ante os sorprendidos turistas. Durante o traxecto, o animal sobrevoa as rochas e o mar e pouco despois aterra de novo no muro, tras o que se pode observar un faro das Cíes.


Caballero, que cualificou o vídeo de “excepcional”, asegurou que se vai incorporar o mesmo á campaña de promoción de ‘Illas Cíes Patrimonio da Humanidade’ e recoñeceu o traballo da gaivota-camarógrafa, que é “a primeira na historia que coopera cun programa de Patrimonio da Humanidade”. “Nós agradecémosllo muchísimo”, remarcou.


Neste sentido, indicou que “só falta unha cousa: poñerlle nome á gaivota”, para o que pediu a cooperación dos cidadáns. Así, a través da web do Concello de Vigo abrirase unha sección na que recollerán a opinión dos cidadáns da cidade para que “suxiran nomes para poñelo á gaivota”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE