#Claves de la semana
RETROCESO A CENSOS DO ANO 1900

Galicia verá reducida a súa poboación un 40% en 2050, un millón de habitantes menos que agora, se no corrixe a caída demográfica


É una necesidade imperiosa mellorar a taxa de natalidade, segundo os conselleiros de Traballo e Benestar Social e de Facenda


|

Intervencion de Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar Social


Galicia podería chegar ao ano 2050 cun 40% menos da poboación que ten na actualidade se non logra corrixir os saldos negativos demográficos das dúas últimas décadas.


Así o puxeron de manifesto esta mañá a conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, e o titular de Facenda, Valeriano Martínez, durante a súa intervención na apertura do foro sobre políticas sociais e dinamización demográfica.

Ante un auditorio formado maioritariamente por persoas vinculadas aos ámbitos anteriormente citados, Matogueira e Martínez puxeron de manifesto a necesidade de que a Comunidade autónoma mellore as súas taxas de natalidade.

Beatriz Mato fixo referencia á "profunda crise demográfica" na que Galicia se atopa inmersa desde os anos oitenta.

"É, sen dúbida, unha das principais ameazas que temos por diante", afirmou a conselleira, que dixo que corrixir a crise demográfica "é o noso principal reto e o noso principal desafío".

Neste sentido, a conselleira sostivo que en aproximadamente 40 anos, ou mesmo menos, Galicia podería reducir en 1 millón de persoas a súa poboación actual até quedar en 1,7 millóns de habitantes (-40%), unha cifra similar ou mesmo inferior á contorna do ano 1900.

Unha das principais consecuencias do balance demográfico negativo, indicou, é que se faría "moi difícil" optar a un crecemento económico sustentable e, consecuentemente, ao mantemento do actual sistema de benestar.

O titular de Facenda, Valeriano Martínez, expresouse nos mesmos termos que a conselleira Beatriz Mato.

Martínez referiuse á necesidade de "atallar" a crise demográfica que arrastra Galicia, que acumula 25 anos con saldos vexetativos negativos.

Así, indicou tamén que o envellecemento da poboación e a continua regresión demográfica constitúen "o máximo reto" ao que se enfronta a Comunidade autónoma.

Por iso, ambos os conselleiros referíronse á necesidade de pór en marcha medidas de carácter "rigoroso", "goberne quen goberne".

Matogueira e Martínez pronunciáronse nestes termos na apertura do foro do Plan Estratéxico 2015-2020 sobre Políticas Sociais e de Dinamización Demográfica.

Este encontro é o primeiro dunha serie de tres foros de debate. O segundo centrarase no modelo de crecemento económico, a innovación, a internacionalización e o emprendimiento, e o último centrarase na cohesión territorial e desenvolvemento.


Proceso de participación
A Consellería de Facenda deu inicio este mes ao proceso de participación da sociedade civil na elaboración do Plan Estratéxico 2015-2020, co obxectivo de coñecer as prioridades dos sectores participantes e obter así un documento final máis enriquecido polas achegas dos axentes sociais.


Así, xa está operativa unha páxina web (www.planestratexico.gal) a través da cal todos os axentes sociais poden coñecer o proceso de elaboración do plan e a documentación base sobre o mesmo. Deste xeito, calquera persoa ou entidade pode enviar á Xunta as súas achegas e suxestións.


O Plan Estratéxico 2015-2020 deséñase non como un plan da Administración, senón como un proxecto conxunto da sociedade civil, co obxectivo primordial de que Galicia sexa un territorio con máis emprego, máis competitividade e máis benestar. Para iso, a súa elaboración parte dun modelo evolucionado da tripla hélice (Administración, Universidade e Empresa), ao que se lle engade a sociedade civil.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE