#Claves de la semana
AMEAZAN CON NOVAS PARALIZACIÓNS

Afectados pola ampliación da AP-9 en Chapela, en Redondela, paran as obras

Piden unha solución os ruidos, cortes de rúas e  problemas de seguridad


|


A protesta na AP-9 origixinou importantes retenciones no entorno da ponte de Rande


Membros da Asociación Afectados AP9 paralizaron na mañá deste luns as obras de ampliación da autoestrada AP-9 en Chapela, na localidade pontevedresa de Redondela, para esixir o Ministerio de Fomento que lles dea unha solución polos ruídos, cortes de rúas e problemas de seguridade que sofren.


Así o comunicou a Europa Press o vicepresidente da asociación, Jesús Vázquez, que indicou que os veciños decidiron parar a máquina porque "están fartos", pois as obras comezaron e "Fomento non dá resposta a indemnizar á xente á que ten que indemnizar", cun prezo "xusto" para que poidan abandonar os seus fogares e ir a outra vivenda das mesmas condicións.

Segundo manifestou, toda Chapela se ve afectada por esta situación e, aínda que algúns xa foron indemnizados baixo o acordo que alcanzaran, "hai unhas 10 vivendas que aínda están afectadas e non se lles indemnizou, e cada vez as obras están máis pegadas ás súas casas", explicou.

Entre as molestias que sofren, incidiu no ruído -polo que algunhas persoas necesitan medicación-, nos cortes de rúas "que non se tiñan que facer" e na seguridade dos veciños que "está en perigo". "Esperamos unha solución, intentan pisarnos máis e non estamos dispostos", asegurou.

"É unha vergoña que esta autoestrada non teña pantallas acústicas, cando vas outros países e teñen ata no campo, aquí pasa por zona urbana e non hai pantallas", criticou, a colación do que indicou que lles trasladaron que por contrato Audasa non estaría obrigado a poñer pantallas ata o ano 2019, e por iso as autoridades desenténdense".

Ademais, censuraron que aínda que o Ministerio se comprometera a nomear antes de empezar as obras a un representante para a comisión de seguimento, xa "empezaron as obras pero Fomento non nomeou ningún representante". É por todo iso que estudan facer unha asemblea e organizarse para parar as obras, como xa fixeron este luns, onde a paralización se mantivo durante arredor de hora e media.

"Se non deciden arranxar isto antes que nada, imos parar as obras. Estamos a avisalos. Intentamos falar, levar as cousas por bo camiño, pero se intentan tomar o pelo iremos polas malas", recalcou, antes de indicar que se se poñen "ás bravas", en realidade "Fomento tería que indemnizar a todos propietarios que están a unha marxe de 25 metros" da autoestrada, o que calcula que ascende unhas 400 vivendas. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE