GALICIA

Galicia suma 11.961 contratos indefinidos incentivados

|

A comunidade autónoma galega suma 11.961 contratos indefinidos que se benefician dos incentivos postos en marcha polo Goberno, o que representa un 4,51% do total nacional.


A nivel estatal existen dúas axudas para os empresarios co obxectivo de fomentar a contratación indefinida, informa a Delegación do Goberno en Galicia a través dun comunicado.

A primeira é unha tarifa plana de cen euros na cotización á Seguridade Social durante 24 meses que estivo en marcha entre febreiro de 2014 e o 31 de marzo deste ano, cunha redución adicional do cincuenta por cento durante doce meses máis.

A segunda é unha tarifa reducida de cotización á Seguridade Social en vigor desde o 1 de marzo que fixa un mínimo exento de cincocentos euros para os novos empregos e que obriga ao empresario a aumentar o persoal e o número de traballadores fixos durante tres anos.

En total, Galicia ten 11.961 empregos incentivados con estes dous plans, un 4,51% dos 265.045 do total a nivel estatal, dos que 9.300 pertencen ao primeiro grupo, o 4,53% dos 205.217 de España; e 2.661 corresponden ao segundo, un 4,44% dos 59.828 de todo o país.

Por provincias a que máis empregos suma é A Coruña, con 5.136, dos que 4.096 corresponden coa tarifa plana de cen euros e 1.030 teñen a exención dos primeiros cincocentos euros de soldo.

Pontevedra acumula 4.412, con 3.396 do primeiro grupo e 1.016 do segundo; Lugo ten 1.285, con 976 e 309 respectivamente; e Ourense leva 1.128 empregos, con 832 e 296 de cada unha das categorías. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress