#Claves de la semana
INTERNACIONALIZACION EMPRESAS

A empresa TMC Cancela especialista en deseño e fabricación de maquinaria agrícola e forestal

Exporta a 21 países entre os que se atopan Canadá, Rusia, Australia, Alemaña ou Inglaterra

|

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou esta mañá en Tordoia na súa visita ás novas instalacións da empresa especializada en deseño e fabricación de maquinaria de uso agrícola e forestal TMC Cancela a aposta desta compañía polos investimentos, a calidade e a continua innovación tecnolóxica como claves nas que se asentan o seu crecemento e os seus avances en internacionalización.


Neste sentido, Aguilera Navarro destacou entre os diferentes apoios que a Consellería de Economía e Industria pon á disposición do tecido empresarial, no marco da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0, o programa “Galicia 1000”, con instrumentos para facilitar os novos investimentos empresariais, e liñas como os préstamos directos Jeremie, á que vén de acollerse a compañía.


TMC Cancela, que durante os últimos anos rexistra incrementos de facturación por riba do 20%, conta cunha filial en Estados Unidos e exporta a 21 países entre os que están Canadá, Rusia, Australia, Alemaña ou Inglaterra. Os obxectivos da empresa pasan por entrar, cada ano, en media ducia de novos mercados internacionais.


En 2004 comezou a desenvolver unha estratexia empresarial centrada no deseño e produción de maquinaria propia, contando cun equipo especializado e patentes e tecnoloxía propias.


Así, na actualidade, a empresa dispón dunhas modernas instalacións de 50.000 metros cadrados, incluíndo fábrica, almacén e oficinas técnicas. No marco do programa “Galicia 1000”, Economía e Industria pon a disposición das empresas un amplo abano de instrumentos para atender as diferentes necesidades de financiamento das compañías: capital risco e préstamos participativos; préstamos directos Jeremie, con xuros fixos moi competitivos e prazos de ata 11 anos; microcréditos e préstamos bancarios bonificados de ata 100.000 euros; ou préstamos avalados para financiamento de circulante.


A Xunta ofrece así instrumentos financeiros para apoiar tanto os investimentos, especialmente no ámbito da industria –no marco da Axenda da Competitividade–, como ¬as diferentes necesidades das empresas, para facilitar o seu crecemento e internacionalización, favorecendo, deste xeito, a consolidación do crecemento económico e da creación de emprego en Galicia

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE