#Claves de la semana
MAREA GALEGA

Primeiro encontro das plataformas por unha lista común da esquerda

Iniciativa pola Unión e o Encontro Cidadán por unha Marea Galega mantiveron unha reunión o pasado venres. 



|

Iniciativa pola Unión acordara no Banquete de Conxo buscar a "inmediata confluencia co Encontro por unha Marea galega, a xuntanza de mareas locais do 13 de agosto e demais iniciativas cívicas análogas, co obxecto de redactarmos unhas bases comúns para unha candidatura galega unitaria e soberana e integrar a organización cidadá que soporte a mesma". O Encontro acordara unha postura similar e, de feito, ademais de coa Iniciativa, xa se reuniou ou pensa reunirse con ANOVA, BNG, Compromiso, Podemos, EU, Equo e outras forzas.


O sucedido o venres estaba, polo tanto, no guión marcado pero é moi significativo políticamente. Na Iniciativa están presentes membros do BNG, cuxa cúpula participou activamente no Banquete de Conxo, mentres que na nova coordinadora Encontro hai varios representantes das mareas locais e de ANOVA. Trátase pois da posibilidade máis concreta nos últimos anos da esquerda galega de superar a atomización que lastra os seus resultados electorais.


O Encontro non remitu ningún comunicado tras a xuntanza, pero si o fixo, e en termos moi positivos, a Inicitiva. En concreto, destácase a necesidade de construír unha candidatura “ideoloxicamente plural e sen exclusións” na que colaboren partidos, pero tamén as candidaturas de base municipal e persoas individuais. Houbo tamén coincidencia en que os que representen a unha hipotética marea galega teñen que participar a título individual, e non en nome de ningún partido. O obxectivo sería acabar co bipartidismo e ter un grupo parlamentar no Congreso propio, que só renda contas aos electores galegos.


O Encontro xa propuxo unha data, o día 12, para que todos os cidadáns, e tamén os partidos interesados, intercambien pareceres publicamente. A Iniciativa anunciou o seu acto público de presentación o martes 1 as 20 horas na Porta Faxeira de Santiago.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE