#Claves de la semana
CONCELLO DE PONTEVEDRA

A Fiscalía denuncia ao goberno local de Pontevedra por "irregularidades" nas prórrogas do contrato de xardíns

Dalle crédito a unhas denuncias do PP sobre o contrato de mantemento de xardíns. O edil de Facenda, Raimundo González, recoñece que é 100.000 euros máis caro que o previo pero defende a súa legalidade.


|

Operario do servizo e mantemento de xardíns de Pontevedra


A Fiscalía denunciou ante o Xulgado presunta prevaricación por parte do Concello de Pontevedra na xestión do contrato de xardíns de Pontevedra, tras unha denuncia interposta polo PP.


Os populares denunciaron en novembro pasado as prórrogas ao contrato de mantemento de xardíns á empresa Elsamex, tras esgotarse as extensións ao contrato adxudicado en 2006 e que só podía estenderse até 2012. Unhas denuncias que o fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, considerou que ten suficiente credibilidade e que o Xulgado debe investigala.


O PP chegou tamén a recorrer os pregos do novo contrato aprobado este ano, porque non contaba adecuadamente a superficie cuberta, pero o Tribunal Administrativo Central arquivou a denuncia.


"Sempre dixemos que o novo contrato ía encarecer o servizo, como así foi na práctica", comentou o edil pontevedrés de Facenda, Raimundo González, que considerou que o asunto é similar a outro no Barco de Valdeorras, onde as autoridades xudiciais acabaron arquivando a denuncia. Un novo novo contrato que recoñeceu que é 100.000 euros máis caro que o previo.


"Ás veces os técnicos advirten de cousas que non se poden prorrogar, pero hai cousas obvias, ten que primar o interese público", dixo. "Non podemos deixar de prestar un servizo, non podemos deixar os xardíns a monte, por tanto, aínda que ás veces os tempos administrativos incúmpranse limítase só a iso", comentou e opinou que "non hai ningún ilícito penal", polo que acusou ao PP de xudicializar a actividade pública.


González estivo imputado en 2011, tamén a instancias do PP, por un contrato de axardinamento de rotondas, que foi contratado cando xa fora executado a obra. Por iso permaneceu imputado durante un ano ata que foi chamado a declarar e o xuíz arquivou o caso, que cualificou de "chapuza" administrativa máis que a un intento de delinquir.


VALORACION DO GOBERNO LOCAL

"O Concello sempre defende o interese público", asegurou Raimundo González

O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, que non tiña coñecemento desta decisión da Fiscalía afirmou que "o Concello sempre defende o interese público" e que "entendemos que non hai ningún tipo de ilícito penal".


O edil nacionalista lembrou que esta denuncia é "froito dunha xudicialización da vida política do Partido Popular" algo que lle parece que "non é positivo para o funcionamento da administración, nin para o desenvolvemento da actividade política".


Raimundo González lembrou que esta denuncia do Ministerio Público aínda ten que ir ao xulgado onde o xuíz decidirá se admite ou non esta denuncia e lembrou que "houbo unha actuación similar no Barco de Valdeorras que foi arquivada polo propio xulgado".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE