DIPUTACION DE OURENSE

A Deputación de Ourense presenta o "Manual do deputado e deputada"

|

O presidente da Deputación ourensá considera que corren uns tempos nos que é necesario, máis que nunca, potenciar o papel dos políticos e do exercicio da política. Por iso é polo que o organismo provincial destine máis dun millón de euros do orzamento do 2016 a actuacións dirixidas a potenciar a xestión dos partidos e dos representantes cidadáns no organismo provincial.


E entre as accións a desenvolver dentro desta liña de incentivación da actividade política, José Manuel Baltar Blanco presentou onte o "Manual do deputado provincial".


O presidente provincial definiu a publicación como a «ferramenta para mellorar o labor político, dentro do proceso de actualización administrativa que está a desenvolver o ente provincial», segundo Baltar. No acto no que deu a coñecer o volume, o político ourensán destacou de xeito singular un feito: «A publicación, a primeira das súas características en España, ten como obxectivo seguir modernizando a institución, situándoa á vangarda dos gobernos provinciais do Estado».


O manual do deputado é obra de Xosé Rúas e Baltar recordou na presentación do traballo que Rúas foi no seu día o autor do pacto cívico do Concello de Ourense impulado polo bipartito PSOE-BNG. Dáse a circunstancia de que Rúas, profesor universitario e experto en comunicación política.



No Manual do deputado provincial articúlanse os contidos en base a tres grandes apartados. Na primeira parte ofrécese a información referida ás deputacións no Estado e a de Ourense, incluíndo neste caso ademais as referencias á bandeira, o escudo e o himno da provincia. O patrimonio e a reseña de inmobles e bens do organismo pechan o capítulo.


O segundo bloque céntrase nos procesos electorais e a constitución dos órganos provinciais, os dereitos dos representantes dos cidadáns na Deputación, as súas obrigacións, as competencias do organismo e a presenza da entidade noutras institucións.


O terceiro apartado céntrase nos programas provinciais, sectores estatégicos, consorcios, o apoio á Ribeira Sacra para ser Patrimonio da Humanidade e as directrices do Plan 15-19. Nun anexo figuran desde o Código Ético da institución ata os modelos para presentar mocións ou realizar preguntas.


COMO GOBERNAR UN CONCELLO


Na presentación da publicación, Baltar anunciou que en outubro se organizará un curso dirixido aos alcaldes da provincia que se centrará en como gobernar un Concello e haberá ademais unhas xornadas da Fundación Democracia e Goberno Local.


No capítulo de Programas inclúe información sobre sobre o apoio e impulso da candidatura para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade, xunto con información sobre o Plan de Goberno Ourense 15-19 e os consorcios de augas de Valdeorras e o do Servizo contra incendios.


No Anexo o Manual recolle información sobre normativas, regulamento orgánico, modelos de moción e pregunta, rexistro de bens patrimoniais e rexistro de incompatibilidades, xunto coa Carta de servizos, o Código ético, a Ordenanza de transparencia e un directorio telefónico.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress