#Claves de la semana
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO DO 22 O 26 DE SETEMBRO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Pontevedra acolle desde este martes as xornadas de emprendemento Pont-Up Store

A cita arrinca o martes coa exposición de diversas iniciativas relacionadas co sector audiovisual, e ao longo da semana trataranse temas como o papel dos medios. Haberá un total de 16 conferencias e 60 relatores


|


Pontevedra acolle desde este martes, 22 de setembro, e ata o vindeiro sábado, no marco da segunda edición do Pont-Up Store, cun total de 16 conferencias e 60 relatores .


Un espazo de contacto co emprendemento


Entre os días 22 e 26 desenvólvense en diferentes puntos do campus e da cidade as Xornadas do Emprendemento Crea para emprender e emprende para crear, dirixidas a emprendedores potenciais e en fase inicial.


Nestas xornadas de emprendemento Pont-Up Store,  diferentes escolas e facultades acollerán unha serie de coloquios titulados: Ti tamén podes emprender! que buscan animar a estudantes a seguir a vía do emprendemento como saída profesional


Cun seminario sobre Emprendemento cooperativo no sector creativo, organizado pola federación de cooperativas Sinerxia no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, dará comezo ás 9.30 horas unha actividade que as 12.00 horas continuará na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Escola de Enxeñaría Forestal, onde diferentes emprendedores presentarán os seus proxectos nos coloquios Ti podes emprender!


Xa pola tarde, a sede de AJE Pontevedra acollerá ás 16.30 horas a mesa redonda Emprende! Por onde comezar? e a Casa das Campás o relatorio Coñecer as obrigas fiscais da miña empresa e non morrer no intento, ás 19.00 horas. 


O encontro do emprendemento impulsada polo Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo co patrocinio do Concello de Pontevedra.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE