#Claves de la semana
OURENSE SALIDA DA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA 2016

La salida da "Vuelta a España" 2016 estima que o retorno económico mínimo para a provincia de Ourense será de 1,5 millóns de euros


Cinco días completos de todo o operativo suporán a ocupación de 2.500 prazas nos establecementos hoteleiros da capital e da provincia de Ourense.


|


BALTARVCE29092015

Baltar (d) na reunión co director xeral da “Vuelta a España(i) (foto: Alberte Paz) 


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén reuníronse no Pazo Provincial para para analizar a repercusión económica e social e para definir o modelo de etapa que terá a proba ciclista española en 2016, un evento deportivo dos máis importantes do mundo do que a organización estima que terá un retorno económico mínimo de 1,5 millóns de euros para a provincia de Ourense.


Cinco días completos de todo o operativo –ciclistas, equipos técnicos e persoal administrativo, así como medios de comunicación e público en xeral-, suporán a ocupación de 2.500 habitacións dos establecementos hoteleiros da capital e da provincia de Ourense, ao que hai que sumar os gastos de manutención e o impacto publicitario e promocional que este gran operativo terá en positivo para a provincia de Ourense.


Baltar e Guillén concordaron en destacar a importancia que ten o feito de que a primeira etapa se dispute en Ourense, “xa que implica que os equipos permanezan máis días na nosa provincia e o feito de ser o punto de partida engade un atractivo especial tanto para afeccionados como para medios de comunicación pola expectación que xera o inicio dunha das probas ciclistas máis importantes do calendario internacional”, explica o presidente do goberno provincial.


O anuncio de que por primeira vez na historia desta proba a “Vuelta” sairá da provincia de Ourense fixérono público o pasado 11 de setembro Manuel Baltar e Javier Guillén, acompañados da directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, algo que fi cualificado como “unha excelente noticia” polo presidente do goberno provincial quen destaca que será “un magnífico escaparate para difundir toda a nosa riqueza natural, artística, histórica e turística, con enclaves tan singulares como a Ribeira Sacra”.


“A importante repercusión mediática da “Vuelta” contribuirá a destacar a singularidade de que a provincia de Ourense é un dos destinos termais máis importantes do mundo”, afirma Baltar, destacando o ámbito internacional que acada o termalismo na nosa provincia –centro da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal- e os aspectos técnicos, paisaxísticos e de infraestruturas termais “que fan de Ourense un dos territorios do mundo con mellores condicións para actividades turísticas, de lecer e terapéuticas neste eido, fortalecido todo elo polo Plan “Ourense, a provincia termal” que lle dará a este sector estratéxico o impulso necesario para converter aínda máis ao termalismo nun dos grandes motores da economía ourensá”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE