#Claves de la semana
AUDIENCIA DE PONTEVEDRA XUZGA OS DETIDOS NA OPERACION PIRAÑA 8 ANOS DESPOIS

Comenzou, na Audiencia de Ponteverda, o macroxuízo contra 19 acusados detidos na Operación Piraña

Dos 19 imputados, hai oito anos, só un mantense no cárcere ao ser detido noutra operación contra o narcotráfico en Marín 


|


VazquezRomanaaudienciadePontevedra01102015gp

Ramiro Vázquez Roma, xefe do clan cambadés


A sección cuarta da Audiencia Provincial acolle desde este xoves 1 de outubro o macroxuízo contra a rede dedicada ao tráfico de drogas liderada polo cambadés Ramiro Vázquez Roma que foi detida por Vixilancias Aduaneiras na Operación Piraña en outubro do ano 2007.


Este xoves empezou coas cuestións previas, nunha intensa xornada na que os avogados da defensa pediu a anulación das escoitas.


A petición é moi común nos xuízos por narcotráfico, nos que os avogados dos acusados tratan de anular a instrución na súa totalidade partindo dunha suposta extralimitación nas picadas telefónicas, e presentadas como probas no auto, e volveuse ha reiterar nesta primeira xornada.


A conta do caso polo intento frustrado de introducir en Galicia catro toneladas de cocaína en outubro de 2007 e operacións de branqueo de capitais durante 10 anos é dunha vintena, entre implicados directamente nas operacións e colaboradores para o branqueo, con elevadas solicitudes de pena, ata 27 anos de prisión e 604 millóns de euros para o propio Vázquez Roma.


A organización tratou de introducir a droga en Galicia con dúas lanchas semi-ríxidas construídas ex profeso en Portugal, que unha vez descubertas por Vixilancia Aduaneira puxeron rumbo a praias de Bueu e O Grove, onde foron aprehendidas.


No banco dos acusados sentaron 19 imputados entre implicados directamente na actividade de narcotráfico e colaboradores para o branqueo de capitais. A rede foi desarticulada cando tentaba introducir máis de 3.000 quilos de cocaína en dúas embarcacións que foron detidas en Bueu e en Meloso (O Grove).


A investigación calculou que a droga intervida podería alcanzar un prezo de mercado superior aos 100 millóns de euros.


Fontes xurídicas sinalan, no entanto, que é previsible que unha maioría dos acusados admitan a súa implicación na operación.


As maxistradas da sección cuarta da Audiencia aceptaron, a pesar da oposición do fiscal, as peticións de proba que presentaron algúns dos avogados dos acusados, entre elas que se tome declaración a socios da sociedade dona dun estaleiro portugués onde se construíron unhas planadoras para o desembarco de cocaína, así como informes contables que xustificarían as contas dalgúns dos implicados.

Carmenavendaogp

Carmen Avendaño, presidenta de Erguete,  hoxe de vermello, entre os asistentes a vista 


Entre os asistentes á vista atopábase a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, a principal loitadora contra o narcotráfico en Galicia que acudía para mostrar o seu apoio a un dos implicados na operación que, fai oito anos, era toxicómano pero que, segundo apuntou Avendaño, xa ten a vida organizada, con fillos e traballo no mar. "Comenteu un delito e quere evitar que se lle trunque a súa vida", indicou a coñecida como a Nai Coraxe galega.


Neste sentido, Avendaño "lamentou o atraso xudicial" para alertar de que os implicados neste caso son restos das grandes organizacións de narcotraficantes que tiñan actividade nas costas de Galicia. "Hoxe non están tan montadas, agora xa non teñen aqueles liderados. Hai máis control", indicou a presidenta de Érguete, pero afirmou que os gobernos se están esquecendo de que foi un problema moi grave que se non contase co movemento asociativo para combatelo "seguramente hoxe viviriamos moi intranquilos todos porque tería unha forza económica e persoal moi grande". Sinala que pequenos grupos continúan realizando actividades de narcotráfico colaborando con organizacións internacionais e que o goberno está a destinar cada vez menos recursos a loitar contra esta actividade. "Pedimos que se reforce e que siga prestándose unha atención especial como zona de risco ás costas galegas", concluíu Carmen Avendaño.


Dos 19 imputados, só un mantense no cárcere ao ser detido noutra operación contra o narcotráfico en Marín. O resto xa se atopa en liberdade tras superar o tempo de prisión preventiva. Algún dos implicados presentouse ante a xuíza co seu rostro completamente tapado utilizando gorra, bufanda e lentes. 


A maxistrada titular indicou que esa cuestión valorarase en sentenza tras a declaración dos acusados, prevista a partir do luns 5 e das numerosas testemuñas e peritos.


Para este macroxuízo reservouse unha das salas da planta baixa da Audiencia que conta cunha zona ampla para a presenza de todos os avogados da defensa. Está previsto que a vistase estenda ao longo de todo o mes de outubro

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE