#Claves de la semana
OS NOVOS MEMBROS TOMARAN POSESION NO PAZO DE RAXOI AS 9,3O H.

O presidente da Xunta de Galicia renova o Goberno

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e nomea novas conselleiras e conselleiros. 


Aumenta as consellerías de oito a dez, destitúe á titular de Sanidade Orballo Mosquera e dá entrada no Executivo a dous alcaldes e un exregidor


|


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remodelou este domingo a estrutura do Goberno autonómico e elevou a dez o número de Consellerías, coa incorporación, entre outras, da de Política Social, que será dirixida por Manuel Rey Varela; mentres que Vázquez Almuíña se ocupará de Sanidade e Vázquez Mejuto de Medio Rural, estes serán os tres novos conselleiros galegos tras a remodelación da Xunta



RemodelacionGobernoDAxUNTA

Jesús Vázquez Almuíña (i), José Manuel Rey Varela (c) e Ángeles Vázquez Mejuto (d). son ostre novo Concelleiros, incorporados na remodelación efectuada, este domingo no Goberno da Xunta de Galicia


Rey Varela naceu en Ferrol en 1975, é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School. 

Actualmente, ademais de presidir a Fegamp, é concelleiro en Ferrol, cidade da que foi alcalde entre os anos 2011 e 2015.

Jesús Vázquez Almuíña, O novo conselleiro de Sanidade naceu en Baiona en 1962 e é licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.


Foi director provincial do Sergas de Pontevedra; director-xerente do Hospital Meixoeiro; coordinador dos servizos de arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa; ou médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia, entre outros cargos.

Desde 2004 e ata agora foi o alcalde da súa cidade natal e deputado provincial en Pontevedra desde 2003.

Ángeles Vázquez Mejuto, nova responsable de Medio Rural, naceu en Melide en 1972 e é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Xeografía Aplicada.

É alcaldesa de Melide desde 2011 ata a actualidade, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007, e foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009, entre outras funcións.

As Consellerías da nova Xunta de Galicia serán entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Política Social; Facenda; Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; Infraestruturas e Vivenda; Economía, Emprego e Industria; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Sanidade; Medio Rural; e Mar.


A composición do Goberno da Xunta, tras a remodelación queda así: 



Ademais da aposta polos servizos públicos, refórzanse os ámbitos rural e marítimo para que a recuperación poida chegar a todos os sectores e ámbitos poboacionais; así como o medio ambiente e a ordenación do territorio para que esta sexa sostible. Así mesmo, lígase o emprego á promoción económica e á innovación industrial.


A remodelación supón unha maior presenza do ámbito social no Goberno coa creación dunha Consellería de Política Social, na que estará ao fronte José Manuel Rey Varela. Así mesmo, Jesús Vázquez Almuíña será o novo conselleiro de Sanidade.


Por outra banda, esta remodelación supón redobrar esforzos no sector primario. Ángeles Vázquez Mejuto será conselleira do Medio Rural e Rosa Quintana Carballo a conselleira do Mar.


Este cambio de Goberno tamén reforza o ámbito da ordenación do territorio coa creación dunha Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que estará ocupada por Beatriz Mato Otero.


O impulso desta renovación é tamén económico. Créase a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, na que será conselleira Ethel Vázquez e as competencias de traballo pasan a formar parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria con Francisco Conde como conselleiro. 


Os novos membros do Goberno tomarán posesión do cargo mañá luns no Pazo de Raxoi ás 9.30 horas.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE