#Claves de la semana
LOITA DA XUNTA CONTRA VESPA ASIATICA

1.500 trampas para a vespa asiática, repartirá A Xunta de Galicia entre os apicultores

O obxectivo deste trampeo é a captura de raíñas no outono, evitando a formación de novos niños ao ano seguinte


|

Vespa asiatica, especie invasora denominada Vespa velutina, que mata as autoctónas



A Consellería do Medio Rural e do Mar comezou a distribuír 1.500 trampas comerciais e botes de líquido atraente aos apicultores con asentamentos apícolas localizados en concellos nos que se detectaron niños desta especie invasora, denominada vespa velutina, que mata as do país denominadas vespas crabro. 


A cantidade de trampas a distribuír a cada apicultor depende do número de colmeas que posúan.


Avispacrabrovelutina33

A finalidade desta medida é intensificar o vixente programa de control da vespa velutina coa colocación de trampas para a captura de raíñas no outono, momento no que estas se sitúan fóra do niño ata a época de hibernación. Deste xeito, cada raíña fundadora capturada podería significar un niño menos no entorno na tempada seguinte. As experiencias na loita fronte á vespa velutina sinalan que a colocación de trampas no entorno dos colmeares presenta unha alta eficacia na captura das raíñas.


O actual reparto de trampas realizarase aos apicultores dos concellos nos que non se entregaron trampas en primavera, posto que naqueles asentamentos apícolas para os que a Consellería xa entregou anteriormente trampas ao comezo do ano, os apicultores poden seguir utilizándoas mediante o uso de atraentes caseiros. 


A entrega de trampas e botes de líquido atraente comezou esta semana, realizándose a través das Oficinas Agrarias Comarcais.


Plan de vixilancia e control


Para minimizar os efectos desta vespa, a Xunta desenvolve un Plan de vixilancia e control que inclúe, ademais destas medidas, a colocación de trampas para detectar a evolución da difusión do insecto no territorio e a localización de niños para a súa eliminación. A través deste plan, localizáronse ao longo de 2014 máis de 900 niños da vespa. No que vai de ano, xa foron eliminados ou neutralizados máis de 1.800 niños, o que supón unha importante axuda no control deste insecto.


Axudas á apicultura


En relación a este sector, a Consellería do Medio Rural e do Mar está a tramitar o pago das axudas á apicultura, correspondentes á anualidade 2015, por un montante de 397.500 euros. Esta axuda está cofinanciada nun 50% por fondos comunitarios, nun 25% por fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o resto por fondos propios da Consellería.


Deste xeito, a Xunta continúa a apoiar aos titulares de explotacións apícolas de cara a acadar a profesionalización do sector, mellorar os sistemas de produción e comercialización, progresar na situación sanitaria dos colmeares e ofrecer un produto de calidade aos consumidores.


A través deste tipo de subvencións finánciase a asistencia técnica aos apicultores, apóiase a contratación de técnicos e especialistas, a organización de cursos e xornadas ou a realización de sistemas de divulgación técnica, tales como folletos, catálogos e outras publicacións.


No que atinxe á loita contra a varroase, subvenciónase a adquisición de tratamentos contra esta doenza, así como a sobrealimentación das colmeas, renovación de cera mediante a adquisición de láminas de cera e a adquisición de fondos sanitarios.


En relación coa transhumancia, poden ser obxecto destas axudas a adquisición de material para a identificación de colmeas e cadros, a adquisición de medios de transporte e manexo de colmeas, a mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas, así como a subscrición de seguros de danos propios e responsabilidade civil das colmeas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE