#Claves de la semana
FAIRWAY SANTIAGO DO 15 O 19 DE OCTUBRO NA CIUDADE DA CULTURA

Fairway posicionará Santiago de Compostela de novo na capital mundial do turismo de peregrinacións

O evento, que terá lugar na Cidade da Cultura, reunirá máis de 40 relatores, máis de 50 expositores, máis de 30 turoperadores dos principais países emerxentes e máis de 100 empresas 

Expertos de 10 países distintos como Polonia, Noruega, Brasil, Estados Unidos ou Xapón, participaran neste Foro.


|

PresentacionForoPeregrinacins

O Hostal dos Reis Católicos acolleu esta mañá a presentación de Fairway, o primeiro foro do Camiño de Santiago que reunirá desde o xoves 15 ao domingo 18 de outubro na meta da Ruta Xacobea os principais expertos da Ruta Xacobea e doutras rutas de peregrinación.


Este foro pioneiro será, á vez, congreso e feira, constituíndo, por unha parte, un encontro para a reflexión, a análise, a formación e o debate co propósito de mellorar, difundir e transmitir as súas conclusións ás institucións e organismos relacionados co Camiño de Santiago, e, por outra, unha oportunidade para calquera empresa ou institución que poderá contratar calquera tipo de servizo relacionado co Camiño de maneira directa e sinxela.


Así mesmo, a cidade meta dunha das principais rutas de peregrinación do mundo será o epicentro dun programa de actividades paralelas culturais e de ocio.


O evento, que terá lugar na Cidade da Cultura, reunirá os principais expertos na Ruta Xacobea e noutras rutas de peregrinación, así como investigadores na materia, peregrinos anónimos e outros moi coñecidos, procedentes de máis de 10 países distintos como Polonia, Noruega, Brasil, Estados Unidos ou Xapón.


En total, máis de 40 relatores, máis de 50 expositores, máis de 30 turoperadores dos principais países emerxentes, máis de 100 empresas participantes no workshop e máis de 1.200 reunións de traballo.


A rolda de prensa de presentación contou coa participación do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, quen destacou que Fairway consolidará o Camiño de Santiago nun dos fenómenos máis universais da civilización actual e converterá Santiago de Compostela de novo na capital mundial do turismo de peregrinacións e Galicia nun dos principais epicentros turísticos a nivel internacional.


Así mesmo, o xerente do Xacobeo sinalou que este encontro dará continuidade a outras grandes citas celebradas en Compostela sobre o fenómeno xacobeo, como o Congreso da OMT sobre peregrinacións e turismo ou o Primeiro Encontro Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño, que, segundo explicou, abordaron desde diferentes perspectivas o estudo e análise da peregrinación e o seu papel no ámbito turístico.


“Estamos seguros de que este novo foro servirá tamén de guieiro no noso traballo polo impulso e conservación do Camiño de Santiago”, concluíu Rafael Sánchez.


Superados os 237.866 peregrinos rexistrados en 2014


Por outra parte, Rafael Sanchez destacou que, a día de hoxe, a cifra de peregrinos que selaron a súa Compostela na Oficina do Peregrino, en Santiago, superou xa o total de peregrinos rexistrados no pasado ano, 237.886.


Segundo explicou, isto supón un incremento do número de peregrinos chegados a Santiago de Compostela de máis do 10% en relación ao pasado ano.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE