#Claves de la semana

Os abonos do Sinsal SON Estrella Galicia saen á venda este xoves

O festival Sinsal SON Estrella Galicia pon á venda este xoves, día 26, os abonos para a súa nova edición, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo na illa de San Simón.

|

Archivo - Festival SinSal SON Estrella Galicia

O festival Sinsal SON Estrella Galicia pon á venda este xoves, día 26, os abonos para a súa nova edición, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo na illa de San Simón.

A cita musical, impulsada por Sinsalaudio, recupera despois de dúas edicións os abonos para o público, o que permitirá gozar de tres xornadas de directos con propostas musicais contemporáneas e diversas, en canto a estilo e orixe das bandas.

Segundo a organización, "un dos principais atractivos desta edición será que, por segundo ano consecutivo, a programación secreta de cada xornada será completamente diferente á do día anterior". "Cada día actuarán artistas diferentes, dos que un 90% tocarán por vez primeira en Galicia", engaden.

Ademais, indican que outro dos alicientes deste ano será que Sinsal SON Estrella Galicia retomará o seu horario habitual, de forma que mentres que a xornada do vernes será de tarde, tanto o sábado como o domingo o festival desenvolverase ao longo de toda a xornada, desde a mañá até o atardecer.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE