#Claves de la semana
I XESCOM OS DÍAS 27 E 28 NO CAMPUS DE PONTEVEDRA, DA UVI

I Simposio Internacional sobre a Gestión da Comunicación, en Pontevedra

As novas tecnoloxías e o futuro do ecosistema mediático, analizaranse na CCSS e da Comunicación os días 27 e 28 dentro simposio internacional da rede Xescom


|

Emma Torres, decana de Ciencias Sociais e da Comunicación

 

Abordar desde múltiples perspectivas a transformación que as novas tecnoloxías da información e da comunicación están a provocar no ‘ecosistema mediático’ é un dos eixos centrais do Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación, que os días 27 e 28 de novembro se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. 


Perto dun cento de investigadores e investigadoras de diferentes países daranse cita no campus pontevedrés no marco dunhas xornadas impulsadas pola Rede Internacional de Investigación en Xestión da Comunicación (Xescom), que coordina o grupo Novos Medios da Universidade de Santiago e da que forman parte os grupos de investigación Necom e Mile da Universidade de Vigo, e iMarka, da Universidade da Coruña.


“Para a facultade sempre é unha moi boa oportunidade poder acoller un evento con pegada internacional coma este”, salienta respecto deste simposio a decana de Ciencias Sociais e da Comunicación, Emma Torres, que incide no carácter internacional dunhas xornadas que contarán entre os seus conferenciantes con expertos como o profesor da universidade británica de Hulll Raphael Cohen, a investigadora da Pontificia Universidad Católica de Ibarra en Ecuador Alba Silva, o vicerreitor da Universidade de Beira Interior lusa Joao Canavilhas ou o director do Media Intelligence Service da Unión Europea de Radiodifusión, Roberto Suárez.


Torres fixo énfase no “interese dun programa no que hai achegas de profesionais e académicos de relevancia”, así como no feito de que este simposio contribúa a situar á facultade do campus pontevedrés como “centro de referencia á hora de falar da xestión comunicativa, un ámbito moi dinámico no que conflúen titulacións como Publicidade e Relacións Públicas ou Dirección e Xestión Pública”. 


MÁIS ALÓ DOS MEDIOS TRADICIONAIS


Dos medios aos metamedios é o título deste simposio no que se combinarán a presentación de traballos de investigación cunha serie de relatorios e mesas de debate, abertas ao público, nas que participarán “expertos e profesionais de recoñecido prestixio”, como sinala o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación e secretario do congreso Iván Puentes. “A idea dosmetamedios é un concepto que busca expresar o que hai máis aló dos medios tradicionais, aqueles vencellados ás novas tecnoloxías da información e da comunicación”, sinala este docente respecto do título dun simposio “orientado cara os novos medios pero no que se trata de que a temática sexa do máis amplo e variada posible”.

A reflexión que se promoverá nestas xornadas abranguerá tanto o papel dos medios como actores económicos e industriais, como a transformación tecnolóxica que está experimentando o “ecosistema mediático” e a propia comunicación das organizacións corporativas e institucionais.


Con este propósito, o primeiro simposio da rede Xescom, un proxecto de investigación financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e coordinado polo profesor da USC Francisco Campos estrutúrase en torno a dez eixos temáticos. Neles agrúpanse as perto de 100 comunicacións que ao longo destas dúas xornadas exporán no campus investigadores e investigadoras de España, Portugal, México, Colombia ou Ecuador, e que abarcan desde o márketing, a comunicación corporativa e institucional ou a comunicación política e a publicidade, á situación do xornalismo nun “ecosistema multiplataforma e multipantalla” ou o papel que xogan as redes sociais. 


“O que se pretende é abordar a comunicación dixital desde un punto de vista o máis amplo posible”, engade Puentes do programa dun simposio que trata de promover un debate arredor dos cambios que as novas tecnoloxías están a provocar nese “ecosistema mediático”, nun momento no que, como sinala Puentes, “os xornais en papel están a sufrir as consecuencias da crise e a prensa dixital aínda algo inestable”, ou no que as redes sociais académicas están a abrir “un abano de posibilidades moi interesante” para á difusión da ciencia, xa que “rachan coa mediatización das revistas científicas e interconectan os investigadores ata o infinito”, ámbito precisamente no que se centran os traballos desenvolvidos no seo desta rede polo grupo de investigación Necom, que dirixe o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Rúas. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE