#Claves de la semana
NA ACTUALIDADE COBRA 3.273 EUROS POR 25 HORAS SEMANALES DE DEDICACIÓN A ALCALDIA

O alcalde do municipio pontevedrés de Dozón pide a baixa temporal como militante do PP

Adolfo Campos Panadeiros solicitou a suspensión mentres non se aclare a súa situación xudicial en relación a presuntas irregularidades en cursos de formación


|

O alcalde de Dozón (Pontevedra) Adolfo Campos Panadeiros, solicitou a suspensión temporal de militancia no PP ata que "non se aclare a súa situación xudicial" para "salvagardar e non prexudicar os intereses do partido ata que non se esclarezan os feitos". 


Diso informou este sábado o PP de Pontevedra nun comunicado, no que aclarou que a causa aberta "non ten que ver" coa xestión de Campos no Concello de Dozón, senón que "é unha investigación sobre o grupo de empresas nas que "non exerce tarefas executivas desde fai máis de dez anos". Tan só ten unha presenza honorífica", precisou. 


Así mesmo, na nota de prensa remitida aos medios este sábado, o PP de Pontevedra tamén explica o fillo do rexedor e tenente de alcalde desta localidade, Adolfo Campos Vázquez, non solicita a baixa xa que "non está afiliado ao PP".

En concreto, Afonso Campos Panadeiros foi detido o venres xunto a outras tres persoas, no marco da chamada operación Qatedra, que investiga supostas irregularidades en cursos de formación que recibiron subvencións e non chegaron a celebrarse.

Entre os arrestados pola Garda Civil incluíase o fillo do propio rexedor de Dozón e tenente de alcalde deste municipio. Todos os detidos quedaron libres tras pasar por dependencias policiais, á espera de ser chamados pola autoridade xudicial, e impútanselles os supostos delitos de estafa, falsificación de documento público e fraude de subvencións. 

relacionada Detenido el alcalde de Dozón (Pontevedra) y otras tres personas por fraude en cursos de formación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE