#Claves de la semana
ACCIDENTADO CONCERTO DOS SUAVES EN PONFERRADA

Yosi Domínguez, trasladado ao hospital tras sufrir un accidente nun concerto en Ponferrada

O cantante dos Suaves intentou tirarse sobre o público e caeu riba duns valos, golpeándose nunha perna


|

O cantante dos Suaves, Yosi Dominguez, sufriu un accidente este sábado, durante un concerto que ofrecía a banda en Ponferrada, e tivo que ser trasladado a un centro sanitario. 


O suceso produciuse cando se achegaba o final da súa actuación e o cantante intentou tirase sobre o público. Pero, no canto de conseguir un apoteósico final, caeu sobre uns valos golpeándose a coxa da perna dereita. 


Foi ingresado en Urxencias no Hospital do Bierzo, onde lle trataron dun forte impacto na coxa que ao parecer e por fortuna nin sequera foi acompañado dunha fractura. Loxicamente, o concerto tivo que ser suspendido a partir dese momento. 


Segundo informaron os seus compañeiros dos Suaves a través das redes sociais, Yosi Domínguez xa se atopaba o domingo "perfectamente", despois do susto e a "tensión" do momento. 


Aquí deixámosvos o VÍDEO do accidentado concerto:





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE