#Claves de la semana

A Asociación de actores e actrices de Galicia celebra o seu 30º aniversario cunha web.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia acaba de renovar a súa páxina web e o seu catálogo en liña coincidindo co seu trixésimo aniversario, efeméride que celebra tamén coa creación dunha ampla base de datos dos Premios de Teatro María Casares e dunha ferramenta de votación en liña que se empregará na próxima convocatoria destes galardóns.


|


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia acaba de renovar a súa páxina web e o seu catálogo en liña coincidindo co seu trixésimo aniversario, efeméride que celebra tamén coa creación dunha ampla base de datos dos Premios de Teatro María Casares e dunha ferramenta de votación en liña que se empregará na próxima convocatoria destes galardóns.



Estas novidades foron presentadas nunha rolda de prensa na que ademais do presidente da AAAG, Vicente Mohedano, participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada en Galicia da Fundación AISGE,Isabel Blanco, en representación de dúas das entidades que colaboraron coa asociación na posta en marcha deste portal web renovado no enderezo www.aaag.gal.



Jacobo Sutil felicitou os responsables deste proxecto, a través do que tanto o sector como a cidadanía en xeral teñen acceso directo ao máis relevante da actividade promovida pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, así como á compilación de nomes, datos, eventos e premios que foron conformando ano a ano a realidade da profesión actoral galega.



Historia da profesión actoral en Galicia


En palabras do director da Agadic, “cunha simple ollada, este novo portal dixital lévanos a tomar consciencia da celebración dun feito relevante para a cultura do país, como é que o colectivo que aglutina os principais intérpretes galegos, tanto no eido escénico como no audiovisual, cumpra 30 anos de actividade continuada”.




Neste sentido, incidiu no relevante papel que desempeñan os principais colectivos que configuran na actualidade o mapa asociativo das industrias culturais galegas. Tamén o presidente da AAAG fixo fincapé neste “traballo necesario” da asociación “en prol da dignificación de toda unha profesión, afondando na defensa dos dereitos laborais, na formación dos actores e actrices e tamén na visibilización do noso teatro, creando os Premios María Casares”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE