#Claves de la semana
DIPUTACION DE LUGO

A xustiza di non ao intento do PP de tumbar a moción de censura na Deputación de Lugo

 O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 inadmitiu o recurso de Candia. “O Partido Popular volve a fracasar no seu intento de xudicializar a vida política”




|

A xustiza di non ao intento do Partido Popular de Candia de tumbar a moción de censura na Deputación de Lugo. O voceiro provincial socialista, Álvaro Santo Ramos, adiantou que o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 inadmitiu o recurso que presentou Elena Candia neste senso (VER AUTO). “Unha vez máis, o Partido Popular volve a fracasar no seu intento de xudicializar a vida política e de frear o traballo desta institución”, destacou.


Santo Ramos explicou que “Candia presentou un recurso en contra da moción de censura a través dun procedemento especial de dereitos fundamentais. Pola súa banda, os servizos xurídicos da Deputación presentaron unha solicitude de inadmisión por entender que o recurso está carente de fundamento. O que sucedeu hoxe é que a xustiza vólvenos a dar a razón, indamitindo, de plano, o recurso. Isto o que nos amosa é a constante necesidade de Elena Candia e do Popular de xudicializar a vida política, non sabemos moi ben o porque, xa que o PP ten sobrada experiencia en fracasar de xeito constante e consecutivo en todos estes intentos”.


Xunta de Goberno


O voceiro fixo estas declaracións na rolda de prensa tras a Xunta de Goberno, na que se deu conta da inmediata posta en marcha o servizo de asistencia xurídica e gratuíto para velar polo cumprimento dos contratos lácteos. Santos Ramos explicou que a través dos Concellos, cooperativas ou dos colectivos de gandeiros, porase a disposición dos produtores lácteos un equipo de profesionais especializado para facer un rigoroso seguimento dos contratos dos gandeiros que así o desexen.


“Con este servizo, o Goberno Provincial quere axudar a estes profesionais dentro das nosas posibilidades ante a total inactividade das administracións coas competencias. Pois de nada serve o anuncio, claramente electoralista, que nos pasados días fixo o Goberno Central para crear un modelo de contrato. Non se garante que a industria se sume ao mesmo e, o que é máis importante, non se solución o verdadeiro problema, que é o prezo de leite. A solución á situación pasa pola implicación dos gobernos galego e central para negociar un prezo de leite xusto para os gandeiros. É cuestión de vontade e de ideoloxía”, subliñou.


Outros acordos


A Xunta de goberno aprobou comezar co proceso de contratación do servizos de telefonía fixa, móbil e datos, que permitirá un aforro do 31% nestes custos ao facer nun mesmo prego a contratación destas prestacións; así como o da adquisición de máis sal para o mantemento das estradas provinciais e municipais.


Aprobouse o convenio de colaboración co Concello de Lugo e a USC para a posta en marcha do proxecto Lugo+Biodinámico mediante o cal a Deputación achega 526.000 euros de fondos europeos.


Tamén se resolveron outras 4 becas para custear con fondos da Deputación a matrícula íntegra a mellores expediente de BAC, FP e Grao a través do plan “O teu esforzo ten premio en Lugo".



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE