#Claves de la semana
CAMPUS DA AUGA DE OURENSE, ANUNCIASE OUTRA VEZ

A Xunta investirá mais de 4,4 millons no novo predio do Campus da Auga de Ourense

Será sede da que é a primeira iniciativa de especialización dun campus non central en España


|

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten xa ao seu dispor o proxecto básico e de execución do edificio do Campus da Auga en Ourense, unha obra na que o departamento educativo da Xunta de Galicia investirá máis de 4,4 millóns de euros. 


O proxecto do edificio, que acollerá a sede da primeira iniciativa de especialización dun campus non central en España, foi realizado polos arquitectos Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, de Oikos Estudio SLP, e tivo un custe de perto de 78.000 euros.


Unha vez rematado este primeiro paso, o obxectivo é licitar a obra no primeiro trimestre do ano e comezar a construción do centro a mediados de 2016. Cómpre lembrar que, antes de comprometer estes máis de 4,4 millóns, a Consellería xa achegara preto de 250.000 euros á UVigo para a elaboración do plan estratéxico deste campus e do programa de necesidades funcionais e usos da futura sede.


Centro de referencia


O edificio que servirá como sede ao Campus da Auga nace coa vocación de ser o novo centro de referencia en materia de investigación relacionada coa auga; ademais de acoller os labores de investigación dos diferentes clústeres que integran o proxecto. O edificio contará cunha superficie total aproximada de 3.570 metros cadrados, que se repartirán entre a sede corporativa, o centro de supercomputación, os laboratorios especiais e o aparcadoiro.


Entre os seus fins estará o de albergar os labores de investigación dos diferentes clústeres que integran o proxecto Campus da Auga, en concreto un dedicado ás áreas de especialización de alimentación, ambiente e TIC; e outro ás áreas de xestión do recurso auga, innovación social e educativa, turismo e patrimonio cultural.


O Campus da Auga busca potenciar a singularidade e especialización que existe en Ourense arredor das temáticas da auga, aproveitando o potencial de Ourense, segunda cidade europea en potencial termal (despois de Budapest) con máis de 4 millóns de litros de auga mineromedicinal. Ademais axudará a dar visibilidade á actividade que desenvolven en Ourense arredor da auga 49 grupos de investigación formados por 341 investigadores, que contan xa cunha importante infraestrutura de investigación, desenvolvemento e de transferencia de coñecemento, que se desenvolve nas facultades de Ciencias, Ciencias Empresariais e Turismo, Dereito, Ciencias da Educación, Historia e na Escola Superior de Enxeñería Informática.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE