AS REDES FORTALECEN A GALEGUIDAD UNIVERSAL

As contas da Secretaría Xeral da Emigración nas redes sociais creceron un 46% en 2015

|

Antonio Rodriguez Miranda, Secretario Xeral da Emigración, na rede


As contas nas redes sociais da Secretaría Xeral de Emigración creceron un 46 por cento en 2015, ata alcanzar os 15.000 seguidores.


En palabras do secretario xeral da Emigración, “as redes sociais son un camiño fundamental no achegamento da Administración ao administrado, especialmente en determinadas franxas de idade. O noso crecemento nestas mallas de ámbito mundial permítenos contactar coa diáspora, especialmente entre a Xuventude, de xeito máis inmediato e eficaz, e desa maneira mantense e refórzase a relación entre as e os galegos de segunda xeración e a Galicia territorial”


Facebook

En Facebook, o número de usuarios agregados ao seu perfil incrementouse un 61,78 por cento ao longo do pasado ano, de maneira que os adheridos á páxina institucional pasaron de 7.096 a 11.403.


‘Twitter’

Pola súa banda, o crecemento experimentado en Twitter foi tamén significativo, de maneira que @galiciaaberta pasou dos 2.929 'followers' aos 3.284, un 12,3 por cento máis.


En total, entre ambas as redes, pasouse dos 10.025 aos 14.687 seguidores, o que supón un incremento do 46,5 por cento global, segundo precisou o Goberno galego nun comunicado.


A web

En canto á páxina web, alcanzou ao longo de 2015 un total de 477.414 páxinas vistas, con 176.101 visitas e 114.195 usuarios únicos.

[http://emigracion.xunta.es ou http://www.galiciaaberta.com], 89.144 (o 50’62%) foron internautas con residencia en España, 39.826 (o 22’62) na Arxentina, 10.914 (o 6’20) no Uruguai, 7.907 (o 4’49) en Venezuela, e 3.844 (o 2’18) en Brasil. Seguen na listaxe, xa con menos do dous por cento dos usuarios totais, Estados Unidos, Suíza, Alemaña, México, Reino Unido, Francia, Chile, e Cuba. 


En concreto, a maioría dos que deciden seguir a actualidade do departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda a través da web e das redes sociais son galegos residentes no exterior que desexan estar informados das novidades referidas á Galicia territorial.


Tamén se interesan pola actualidade e actividade dos centros galegos e casas de Galicia esparexidos por todo o planeta, así como polas axudas e iniciativas postas en marcha desde a propia Secretaría.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress