#Claves de la semana

Por fin poden incorporarse os buzos á busca dos mariñeiros desaparecidos en Cíes

Máis dunha vintena de mergulladores buscarán na zona do afundimento da embarcación 'Látigo', intentando localizar baixo a auga os dous mariñeiros desaparecidos.  

|

Buzosguardiacivil


Despois de varios días lastrados polas malas condicións do mar, este xoves finalmente puideron incorporarse os buzos ao complexo operativo que busca os dous mariñeiros desaparecidos o pasado venres ao Sur das Illas Cíes. 


Máis dunha vintena de mergulladores buscarán na zona do afundimento da embarcación 'Látigo', intentando localizar baixo a auga os dous mariñeiros desaparecidos. 


Ademais dos buzos da Garda Civil, dos Bombeiros e de Salvamento Marítimo, tamén participan na operación varios mergulladores profesionais que se presentaron voluntarios para axudar a localizar aos dous mariñeiros. 


Tras atopar os restos da embarcación o pasado sábado, o luns os mergulladores xa avaliaran a posibilidade de mergullarse nas inmediacións do naufraxio, pero as malas condicións do mar impediron a súa actuación, polo que se acordou esperar a que mellorasen as condicións meteorolóxicas para realizar inmersións coordinadas.


relacionada Continúa la búsqueda de los marineros desaparecidos en Cíes
relacionada El mal tiempo impide que los buzos busquen a los marineros desaparecidos en Cíes
relacionada Hallan los restos del barco de los dos marineros desaparecidos en las Cíes
relacionada Buscan a dos marineros desaparecidos al sur de las Islas Cíes
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE