A Cidade da Xustiza podería ubicarse no antigo Hospital Xeral

|


A Xunta acaba de presentar unha proposta coa que pretende matar dous paxaros dun tiro, ubicando a Cidade da Xustiza de Vigo e dándolle utilidade ao edificio do antigo Hospital Xeral, baleiro trala apertura do Hospital Älvaro Cunqueira. 


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou a proposta este venres asegurando que se trataba dun traslado "viable técnica e económicamente". A administración autonómica adicaría o presuposto previsto para os novos xulgados (uns 25 millóns de euros) na reforma e adecuación do antigo hospital. 


Polo de agora, Rueda xa lle comunicou esta proposta aos representandes da xudicatura galega, pero debe conseguir a aprobación do Concello e da Tesourería da Seguridade Social, propietaria do edificio. 


Esta posibilidade estudaríase no próximo mes e medio, antes da entrada en vigor da norma que reforma a Lei do Solo (prevista para finais de marzo). Así, no caso de que Concello ou Seguridade Social non a aceptasen, "non se perdeu tempo", e retomaríase a posibilidade de ampliar os xulgados da rúa Lalín.


Con respecto ao uso que terían os actuais edificios xudiciais na rúa Lalín, Alfonso Rueda sinalou que "habería que velo" e que, en todo caso, buscaríanselles uns "usos adecuados".


Sobre a posibilidade de que o Concello reclamase unha compensación económica polo desembolso realizado nas expropiacións e cesión de chan municipal para ampliar as actuais dotacións, o vicepresidente limitouse ha expresar a súa confianza de que as administracións teñan "boa vontade".Todos saímos gañando, sexamos todos razoables", engadiu


Polo de agora, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, aínda non se pronunciou sobre a proposta, argumentando que non tivera tempo para analizala, pero asegura que estudará con atención a posibilidade. 




Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress