#Claves de la semana

Galicia condena o asasinato machista de Becerreá

Concellos de toda Galicia acolleron neste venres concentracións e minutos de silencio para condenar o asasinato dunha muller en Becerreá a mans da súa parella, un acto que a sociedade recibiu con "consternación e perplexidade".


|


Concellos de toda Galicia acolleron neste venres concentracións e minutos de silencio para condenar o asasinato dunha muller en Becerreá a mans da súa parella, un acto que a sociedade recibiu con "consternación e perplexidade".


Así se expresou o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, "sorprendido" pola respota dos veciños ante a convocatoria de concentración que lanzaron dende o concello. Segundo indicou o alcalde a xente respondeu, enchendo a praza municipal de Becerreá, onde se gardarán tres días de luto ofical. 


Martínez confesou que nunca pensara que algo así podía ocorrer no seu propio concello, manifestando a consternación da poboación ante un "acto totalmente reprobable" cometido por unha persoa ben coñecida no municipio, que "ten relación con todo o mundo". 


Na Xunta de Galicia o Goberno galego tamén mantivo unha concentración de repulsa, á que acudiron tanto o presidente da Xunta como todos os conselleiros e traballadores da administración. A secretaria Xeral de Igualdade lamentou que a violencia de xénero "non acaba de darnos tregua", para a continuación reafirmar o compromiso da Xunta para seguir traballando "día a día" para eliminar esta lacra. 


Nos concellos de Santiago, Lugo, A Coruña e Ferrol tamén se mantiveron concentracións de rexeitamento. Representantes políticos de todas as cores expresaron a súa repulsa , aínda que destacan as palabras da concelleira de Igualdade da Coruña, Rocío Fraga, que instou a traballar dende o ámbito educativo para acabar cunha "educación marcada polo sistema patriarcal" que segundo ela  "leva a este tipo de accións violentas". 


relacionada O novo caso de violencia machista en Becerreá continúa unha racha tráxica
relacionada Novo caso de violencia machista en Becerreá
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE