#Claves de la semana

Bruce Springsteen volve a España

Anuncia tres concertos programados para Maio dentro da súa xira mundial The River.


|


Bruce Springsteen volve a España con The Street Band, anuncia tres concertos programados para Maio dentro da súa xira mundial The River. 


En concreto, The Boss visitará 3 estadios de fútbol que de seguro se encherán ata os topes. O 14 de Maio comezará no Camp Nou, en Barcelona, seguirá o 17 de Maio en San Sebastián e rematará o 21 de Maio no Santiago Bernabeu de Madrid. 


Esta última data pon fin ao debate sobre se a final de Copa do rei se xogará no Bernabeu. Non vai ser posible, xa que ese día o estadio estará reservado para unha das maiores lendas vivas da música do s. XX. 


As entradas poranse á venda a través de doctormusic.com, ticketmaster.es, fnac.es, carrefour.es e halconviajes.com. As entradas de asento reservado en grada custarán entre 65 e 115 euros, as de pista sairán a 80 euros. 


Poderanse adquirir o 1 de marzo para Barcelona, o 4 de marzo para San Sebastián e o 8 para Madrid. En todos os casos, a venda activarase ás 10 da mañá. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE