Os médicos síntense avergoñados pola situación do HAC

|


As carencias do Hospital Álvaro Cunqueiro levan aos médicos que traballan nel a sentirse "decepcionados" e "avergoñados". Preto de 300 profesionais firmaron uha carta denunciando os problemas de planificación e falta de recursos, reclamando que se rescate a concesión para que o hospital sexa "cento por cento público". Tamén reclaman a dimisión do xerente, Félix Rubial, rexeitando a súa "actitude prepotente". 


O voceiro dos médicos, Jesús Araújo, lemboru que o traslado ás novas instalacións foi "totalmente desconcertante e apresurado", e se fixo "sen contar cos traballadores". Ademais, reprochou aos xefes de servizo a súa "conivencia" coa dirección do Chuvi e o "cheque en branco" outorgado á xerencia nese traslado.


"Non podiamos ser alleos ao que está a pasar, despois dalgúns meses decidimos dar este paso adiante", recalcaron os facultativos, comparando esta denuncia pública cunha "chamada de alerta" para lograr "que o hospital funcione".


O principal problema do HAC segue sendo a falta de medios técnicos e humanos. Pero segue habendo outras eivas paralelas como a  mala planificación, defectos estruturais e de circulación nas instalacións, falta de laboratorio central, ou suspensión de intervencións por problemas coa esterilización. De feito, apuntou que "hai 5 quirófanos aínda pechados" dos 20 que hai no hospital.


Estes problemas teñen consecuencias na calidade da asistencia, pero tamén, nas listas de espera cirúrxica. Segundo indicou, os pacientes do HAC en espera dunha operación poderían superar os 15.000 só na lista estrutural (o dobre dos recoñecidos oficialmente polo Sergas), o que "di moi pouco da transparencia da dirección".


O neumólogo Manuel Núñez subliñou que este malestar é compartido pola  "inmensa maioría dos médicos", aínda que só un 40 por cento asinase a carta dirixida a Núñez Feijóo, ao conselleiro Vázquez Almuíña e a directivos do Chuvi. Moitos dos médicos, precisou, evitaron poñer o seu nome por medo a represalias e pola súa situación laboral precaria; outros, recoñeceu, teñen "intereses privados moi importantes".


O SERGAS ASEGURA QUE A CARTA ESTÁ DESCONTEXTUALIZADA


O Sergas asegura que a carta na que estes 300 médicos protestan contra as disfuncións está "descontextualizada", xa que foi firmada antes das navidades, antes de que se levaran a cabo medidas de mellora que solventaron "algunhas disfuncións". Aseguran que a carta non se adecúa "nin á realidade actual nin responde ao sentir xeral do hospital". 


Piden que non se cuestione a asistencia sanitaria, "independientemente de que se poida discrepar do modelo utilizado para a contratación da construcción do hospital". Dende o Sergas asegura que se traballou para mellorar e solventar as disfuncións "inherentes e lóxicas nun proceso destas características e complexidade", referíndose ao traslado dos servizos sanitario ao novo Hospital. 


Aseguranq que xa implementron algunhas das propostas dos profesionais sanitarias e que outras disfuncións xa están "en vías de solución". 


relacionada Beiras reclama un rescate para o hospital de Vigo
relacionada A oposición denuncia en bloque o colapso das urxencias galegas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress