A Xunta defende investigar a "riqueza" mineira de Zas

|


controversia polo proxecto de investigación mineira 'Isabela II', centrado no municipio de Zas, saltou ata o pleno do Parlamento Galego. O BNG pediulle a Xunta que paralizase un proxecto de "megaminería" que xa espertou un proceso de contestación social. Pero o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, defendeu que se poida "investigar cal é a riqueza que se ten neste país", algo que segundo el non significa, en ningún caso, "que ese proxecto vaia a ser aprobado para a súa explotación".


Francisco Conde asegura que tan só estamos ante "un permiso de investigación que se está tramitando, nin se concedeu". Denuncia que o goberno bipartito aprobou "106 permisos de investigación", pídelle ao BNG un debate con "seriedade" e asegura que a "megaminería non existe" dende un punto de vista xurído e técnico.


Pola contra, o voceiro do BNG, Francisco Jorquera lamentou que a Xunta non aprendera a lección de Corcoesto, seguindo a máxima de "se non queres caldo toma outra taza" cun proxecto no que o Grupo M-FM 2001 pretende investir máis de medio millóns de euros en traballos de exploración, unha "inmensa mina a ceo aberto" para buscar ouro nun terreo equivalente a "máis de 4.000 campos de fútbol".


Jorquera alerta sobre o uso de cianuro para esa explotación, que ve incompatible coa protección do medio ambiente e co mantemento da actividade agrícola. Conde chama á calma e asegura que se o proxecto non cumple cos requisitos técnicos e medioambientais a Xunta dirá "non" a que se realice, lamentando a actitude de "ir contra todo" do BNG. 


relacionada O SLG únese á loita contra a segunda "febre do ouro"
relacionada Salvemos Cabana trata de parar a investigación mineira 'Isabela II'
relacionada Denuncian o retorno da "febre do ouro" en Bergantiños
relacionada AGE reclama explicacións sobre a investigación mineira en Bergantiños
relacionada Crece la preocupación por un 'nuevo Corcoesto'

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress