#Claves de la semana

Luz verde para os ERE de Citroën

SIT-FSI, UXT e CCOO aceptan o plan de medidas proposto pola empresa, rexeitado pola CIG e CUT


|


O plan de axustes presentado por PSA Citroën, que inclúe un ERE extintivo e dous suspensivos, quedou aprobado definitivamente este martes, tras recibir o apoio de gran parte das seccións sindicais. En concreto, o sindicato maioritario SIT-FSI, UXT e CCOO asinaron o documento, rexeitado pola CIG e CUT. 


Queda por tanto aprobado o ERE extintivo que afectará a 400 empregados, maiores de 59 anos que queiran poñer fin á súa vida labora e menores de 50 que queiran abandonar a empresa. Durante o proceso de negociación, os sindicatos conseguiron que a directiva aumentase as indemnizacións para os traballadores menores de 50 anos que decidan acollerse a este ERE de forma voluntaria. 


Tamén se aproban definitivamente os ERE suspensivos, cos que a directiva espera axustarse á previsible caída de produción que se dará ata a chegada das furgonetas K9 e do novo vehículo ao que opta a compañía. 


O acordo tamén inclúe medidas en positivo. Se finalmente se consegue a adxudicación do novo modelo e aumenta a produción, a directiva abre a porta a habilitar unha nova quenda nocturna durante a fin de semana, que podería chegar a supoñer máis de mil contratacións. 


FInalmente, o que queda fóra do acordo é idea inicial de reducir as vacacións de agosto de 3 a 2 semanas,facendo que os traballadores disfrutasen a terceira semana durante outro mes. 



relacionada Citroën aumenta as indemnizacións do seu ERE extintivo
relacionada Citroën podería crear máis de 1.500 empregos cun novo turno
relacionada Citroën plantea un turno de mantenimiento para el fin de semana
relacionada O ERE extintivo de Citroën incluirá a menores de 50 anos
relacionada Citroën presenta varios ERE que afectarían a máis de 900 traballadores
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE