CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DIA MUNDIA DA AUGA

Hoxe 29, de marzo, xornada de portas abertas no campus de Ourense


|


Dia da Auga

O campus de Ourense organiza unha Xornada de Portas Abertas que se vai celebrar omartes, día 29 de marzo, e que está dirixida a estudantes de Educación Secundaria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra. O seu obxectivo será orientar ao alumnado sobre o seu futuro universitario e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.


No marco da súa especialización como Campus da Auga, o campus de Ourense únese á conmemoración do Día Mundial da Auga celebrando unha xornada de portas abertas á que están convidados a asistir case 400 estudantes de Educación Secundaria e Bacharelato da provincia de Ourense. O seu obxectivo será orientar ao alumnado sobre o seu futuro universitario e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Os responsables dos centros do campus presentaranlle aos asistentes as diferentes titulacións que ofertan e as súas saídas profesionais. Ademais, realizaranse sesións teóricas e prácticas nas instalacións e laboratorios para dar a coñecer desde un punto de vista divulgativo a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.


O evento comeza ás 10.00 horas no salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico e forma parte dos actos organizados con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o 22 de marzo -que coincidiu coas vacacións da Semana Santa-

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE