#Claves de la semana

A choiva provoca inundacións e caos na provincia da Coruña

Un dos puntos máis afectados foi o concello do Sada, no que as rúas sufriron inundacións graves


|



As intensas choivas das últimas horas ten provocado inundacións e problemas de circulación por toda Galicia, especialmente graves na provincia da Coruña. 


En concreto, un dos puntos máis afectados foi o concello do Sada, donde a auga caída se sumou á pleamar, provocando inundacións graves. 


Varios habitantes de Sada tiveron que ser evacuados das súas vivendas empregando zodiacs debido á altura da auga. A situación é especialmente preocupante nos entornos das rúas Abegondo e Culleredo, onde a auga ronda o metro de altitude despois de que o río se desbordara. 


Así mesmo, na rúa Pintor Baamonde os servizos de emerxencias tiveron que intervir na inundación dunha vivenda despois de que se alagasen os dous pisos dun garaxe subterráneo e a auga chegase ata o primeiro piso.


Tamén en Sada, a auga afectou ás instalacións do IES Isaac Díaz Pardo, situado na rúa Lagoa. O recinto do colexio está alagado e a auga está a entrar tamén no pavillón polideportivo.


EVACUADOS EN CARBALLO


Tamén están alagadas varias rúas, que están cortadas, garaxes e baixos da localidade coruñesa de Carballo, onde tiveron que ser evacuadas tres persoas dunha vivenda na rúa Muíño do Quinto. As bolsas de auga manteñen cortada a circulación en pistas, como a que une Bertoa e Razo, e estradas, como a DP-1914.


As choivas afectan tamén o municipio coruñés de Santa Comba, onde varias estradas están alagadas, segundo informaron desde o 112-Galicia; a Betanzos; e a Abegondo, que rexistra desprendementos na estrada Carral-Montouto.


A localidade de Oleiros sofre numerosas inundacións en rúas, vivendas e baixos; mentres que en Cambre desbordáronse os ríos Mero e Gándara e a auga afecta a vivendas e pistas.


Os bombeiros de Cee tiveron que intervir durante a madrugada na retirada dun desprendemento de terra e pedras na estrada AC-440, que une Berdoias e Muxía, que cortaba por completo a circulación.


VÍAS PRINCIPAIS AFECTADAS


Segundo a información da DXT, as inundacións afectan tamén a varios puntos da rede principal. En concreto, a AP-9 rexistra retencións por un embolsamiento de auga na saída cara a Betanzos, que mantén cortado un carril. Así mesmo, o firme está deteriorado na AC-441 ao seu paso por Zas (A Coruña) por mor das inundacións.


O vento do temporal tamén afecta á circulación na autovía A-8 entre Abadín e Mondoñedo (Lugo), onde a DXT pide que se circule con precaución.


RESCATAN AOS OCUPANTES DUN VEHÍCULO VARADO EN ZAS


Os Bombeiros de Santa Comba (A Coruña) rescataron este mércores aos ocupantes dun vehículo que quedou varado nunha estrada alagada por un río no municipio coruñés de Zas, que rexistrou abundantes choivas nas últimas horas.


Segundo informou o corpo, a alerta recibiuse pouco despois das 7.00 horas da mañá deste mércores, informando de que un vehículo quedara atrapado nunha estrada do lugar de Leroño que estaba alagada polo desbordamento dun río.


Un equipo de Bombeiros desprazouse ata o lugar e constato que a profundidade da inundación roldaba os 50 centímetros, polo que remolcaron o turismo, con tres persoas no seu interior, a unha zona seca. Os ocupantes non sufriron danos.


UN DESPRENDEMENTO DIFICULTA A CIRCULACIÓN NA AP-9


Un desprendemento de terras por mor das intensas choivas que afectan á zona está a dificultar a circulación na autoestrada AP-9 na ligazón de Guísamo (A Coruña).


Segundo informou a empresa concesionaria, Audasa, o desprendemento afecta os desprazamentos de Guísamo cara á Coruña e de Ferrol a Guísamo.


Na zona xa se atopan traballando efectivos para resolver a incidencia, uns labores que está previsto que se prolonguen ao longo de toda a mañá e que a vía estea despexada ao mediodía.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE