Galicia sumará preto de 2.000 prazas de garderías
Acadarase un total de 22.316 prazas financiadas, cubrindo o 37,3% dos nenos menores de 3 anos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a administración sacará 1.871 novas prazas de garderías infantís financiadas con fondos públicos para o próximo ano, acadando un total de 22.316.
Feijóo asegura que con estas novas prazas se acadará unha cobertura do 37, 3 por cento do total de nenos menores de 3 anos, situandose por enriba do cociente recomendado pola Unién Europea.
Paralelamente, o presidente autonómico tamén comprometeu 66 millóns de euros en medidas de conciliación, ao tempo que compromete unha convocatoria de axudas para para cofinanciar a construción de escolas infantís en sete polígonos industriais na comunidade.
Escribe tu comentario