​A PGDEP reclama que a Xunta asuma "o estrepitoso fracaso" das reválidas de primaria

|




A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está máis que satisfeita co seguimento do boicot convocado para as "reválidas" de 6º de primaria convocadas durante a semana pasada. Falan dun respaldo superior ao 80%, que lles dá forza para reclamarlle á consellería que asuma "o estrepitoso fracaso" e desconvoque as probas de 3º de primaria fixadas para o 24 e 25 de maio.


Dende a plataforma consideran que a alta abstención puxo de manifesto que as familias se dan conta "de que este tipo de probas non benefician en nada" á educación dos seus fillos e de que son os profesores e os centros os que están máis capacitados para evaluar as carencias e fortalezas dos seus alumnos.


Danlle as grazas ás familias e consideran que "o máis normal" se a Xunta tivese "unha mínima sensibilidade" polo sentir da maioría social sería que a consellería de Educación tomase nota e desconvocase as probas de 3º de primaria previstas para finales de mes, uníndose á maioría de comunidades nas que as probas non se están celebrando.


Pero dende a Xunta parecen decididos a continuar adiante. O propio Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que houbera "centos de familias" que non mandaron aos seus fillos a facer a proba, algo que non poden "obviar". Pero considera que a solución é informar "mellor" e confía en que a situación "se vaia normalizando" a medida que pasen os anos.


Ante esta postura, dende a plataforma seguirán "chamando ao boicot" para as probas de 3º de primaria, ademais de organizar unha nova concentración diante da consellería de educación para o vindeiro 24 de maio, coincidindo co comezo das probas. 

relacionada A Xunta conta conque as reválidas de primaria "se vaian normalizando" cos anos
relacionada ​4 de cada 5 alumnos do ensino público quedaron na casa para evitar a "reválida" de 6º segundo a PGDEP
relacionada ​Chega envolta en polémica a "reválida" de 6º de primaria
relacionada Mini e Mero cantan na concentración contra as "reválidas" de primaria

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress