#Claves de la semana

​Os traballadores de Alcoa reclaman "garantías" ante a posible venda das plantas galegas

Remarcan que acollen a noticia "con inquietude" e destacan que o que queren é "seguir con Alcoa ou con quen veña"


|





O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, quere "garantías" dun plan industrial ante a posible venda da fábrica ou a entrada de novos investidores.


Tras reunirse coa dirección da empresa, foille confirmado que o xigante da produción de aluminio está inmerso nun proceso a nivel mundial no que se están a revisar todas as plantas.


"Neste proceso estaría a entrada de investidores novos ou a venda das plantas", engadiu Corbacho, quen precisou que se lles expuxo que "non hai nada formal encima da mesa". Con todo, ratificou que, en varias ocasións, visitaron a planta "posibles investidores".


Remarca que os traballadores acollen a noticia "con inquietude" e destaca que o que queren é "seguir con Alcoa ou con quen veña", advertiu. "Pero queremos un plan industrial solvente e de futuro e os investimentos necesarios", engadiu tras lembrar que a produción na planta coruñesa é na actualidade do 70%.


Mentres, indicou que estarán "expectantes" ante este proceso. Con todo, non descartou mobilizacións "nun momento dado" en función de como avance a situación e "se hai unha agresión aos postos de traballo e ao futuro". "Nese caso, serán mobilizacións contundentes", subliñou.


Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao (Cervo, Lugo), Xosé Paleo, da CIG, destacou a súa sorpresa pola noticia. Resaltou que a posible venda é "algo que sorprende" aos traballadores, sobre todo porque a factoría da Mariña luguesa "tivo beneficios o ano pasado".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE