#Claves de la semana

Responden ao peche de camas cun peche de traballadores

Os traballadores do Meixoeiro comezan un encerro indefinido no vestíbulo do hospital


|





Este mércores houbo concentracións en varias cidades galegas protestando polo peche de máis de 900 camas previsto polo Sergas para este verán. Pero no vigués hospital do Meixoeiro deron un paso máis. Rematada a protesta, que congregou a un par de centos de persoas, os traballadores decidiron encerrarse no vestíbulo do hospital, cun peche que pensan manter ata que se acceda por escrito ás súas demandas.


Unha decena de traballadores xa pasaron a súa primeira noite no hospital, e polo visto non lles vai faltar relevo. Segundo os organizadores de SOS Meixoeiro hai unhas 500 persoas anotadas para facer a súa guardia no Meixoeiro, protestando contra os “abusos” da xerencia da área sanitaria e o “desmantelamento da área sanitaria”.


As demandas dos traballadores seguen sendo as mesmas que levaron a convocar a concentración deste mércores. Queren que se revirta o peche “inxustificado” de camas, que neste hospital chega a afectar a plantas completas, unha unidade de críticos para o Meixoeiro, un plan de choque para reducir listaxes de espera e que non se desvíe nin un só paciente a centros privados mentres haia camas baleiras no sistema público.


Síntense incomprendidos por unha xerencia á que ten tildado e varias ocasións de “prepotente”. De feito, o encontro que mantivo o xerente Félix Ruibal o pasado martes cos traballadores serviu para constatar o nivel de tensión existente, aínda que segundo Rubial o Hospital Meixoeiro xoga “un papel fundamental no presente e futuro” da área sanitaria, algo que para el queda demostrado en aspectos como o impulso da actividade asistencial e a “potenciación” da capacidade cirúrxica do hospital. 

relacionada ​Traballadores de varios hospitales rebélanse contra o peche de camas
relacionada ​Almuíña asegura que "ningún paciente que necesite unha cama terá problema"
relacionada ​O Sergas pechará máis de 900 camas este verán
relacionada Máis da metade das camas do Meixoeiro, "inoperativas" durante a fin de semana
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE