Isto non ten arranxo

Manuel Fernando González Iglesias

Tras comprobar como nas últimas horas o Emperador Obama se entromete na nosa vida política e achégase a España a darlle un abrazo ao Kaiser Mariano, non me queda ningunha dúbida de que estamos condenados a irnos todos polo desaugadoiro sen posibilidade algunha de salvarnos.


Por se este detalle parécelles insignificante, dense unha volta polos diarios dixitais ou pola televisión e comproben como dos problemas reais ninguén fala, pero do drama venezolano ou do Brexit que pariu o parvo do "Camerón da Illa" hai toneladas de referencias mediáticas, sen que os cabezas de lista dos partidos abúrrannos co paro ou a pobreza social que tanto nos afecta.


A min, persoalmente, están a entrarme unhas ganas enormes de non votar, porque visto o visto, os que van gañar o 26 de xuño teñen a bendición do Pentágono e do Fondo Monetario Internacional, que non son os meus, e se eses non chegan a triunfar, aquí podemos acabar como Brasil, ou o que é peor, como a república bolivariana madura e arruinada á que tanto queren as comunistas Igrexas e Garzón, que agora se disfrazan de "socialdemócratas" para tratar de enganar aos desengañados do PSOE que están, agora mesmo, máis perdidos que un caimán no deserto do Gobi.


Isto non ten arranxo compatriotas e, por conseguinte, imos volver a meter a pata. E se é así, como dicía liñas arriba para que quero votar se o que queren é converterme nun chapero?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE