#Claves de la semana

​Galicia prepárase para o lume

Unha reunión ultima os detalles de coordinación antes de que comece a tempada de alto risco.


|


O Comité de coordinación policial contra incendios deixou preparada este venres a campaña de alto risco que coincide coa tempada estival.


A través dun encontro presidido polo director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto, abordáronse as diferentes posibilidades existentes para mellorar a coordinación entre os diferentes departamentos implicados nas labores de prevención, vixiancia, defensa e extinción dos incendio forestais de Galicia.


Estudáronse informes relacionados coas áreas que tradicionalmente rexistran unha maior actividade incendiaria, así como medidas postas en marcha para o seguimento e control da acción delituosa nestas zonas.


Ademais, fíxose un seguimento do cumprimento de diferentes aspectos relacionados coa normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, moi especialmente no referido ás comunicacións e autorizacións de queimas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE