#Claves de la semana

A investigación de Angrois non foi independente e obviou "elementos clave"

O informe da Comisión Europea sobre o accidente conclúe que se sinalou directamente o "erro humano", sen considerar as condicións da liña nin do propio tren.


|

Accidentealviaangrois 3O informe da Axencia Ferroviaria Europea, encargado pola Comisión Europea, sobre o accidente de tren de Angrois -no que faleceron 80 persoas e houbo máis dun cento de feridos- conclúe que a investigación realizada en España pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non foi independente e que nela non se abordaron "elementos clave".


Este xoves, Bruxelas fixo público o informe sobre o accidente nunha reunión con representantes das vítimas e co BNG. Neste documento, relátanse ao longo de diferentes puntos "as debilidades" que a Axencia Ferroviaria Europea identifica na actuación da CIAF.


Entre elas, reprocha que se centre unicamente na causa directa do sinistro, "un erro humano", pero non profunde nas "causas fundamentais e subxacentes" do sinistro, ocorrido en Santiago en xullo de 2013, e en "elementos clave" relacionados coa liña e o propio tren que puideron influír.

relacionada O Goberno central motivou o atraso da publicación do informe sobre o accidente de Angrois
relacionada ​Las víctimas del Alvia conocerán hoy el informe de Bruselas sobre el siniestro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE