#Claves de la semana

​O paro baixa en Galicia fronte ao incremento no conxunto estatal

A Seguridade Social gañou en agosto en Galicia unha media de 5.132 afiliados, un incremento de medio punto respecto ao mes anterior, ata un total de 979.105.


|

Datosparo


A Seguridade Social gañou en agosto en Galicia unha media de 5.132 afiliados (+0,535 respecto ao mes anterior), ata un total de 979.105, e fronte ao descenso rexistrado no conxunto estatal (144.997 cotizantes menos, unha caída do 0,81%), segundo os datos que fixo públicos este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


En comparación co oitavo mes do pasado ano, é dicir, en variación interanual, na comunidade galega hai 15.909 afiliados máis á Seguridade Social, o que representa un incremento do 1,65%.


Por provincias, a evolución mensual foi positiva nas catro galegas, con subidas do 1,17% en Lugo, 0,96% en Ourense, 0,4% en Pontevedra e 0,34% na Coruña.


Desta forma, os cotizantes distribúense entre os 416.521 da Coruña, 338.582 en Pontevedra, 122.058 en Lugo e 101.943 en Ourense.


Mentres, por réximes, 740.284 dos afiliados en Galicia correspóndense co réxime xeral (707.728 no subtipo xeral, 27.393 no sector do fogar e 5.163 no agrario), 217.242 están dados de alta como autónomos e 21.580 no réxime do mar.


DATOS ESTATAIS


No conxunto estatal, a Seguridade Social perdeu en agosto unha media de 144.997 afiliados (-0,81%) respecto ao mes anterior, o que situou o número de ocupados en 17.699.995 cotizantes. O descenso da afiliación en agosto nunha constante en toda a serie histórica, coincidindo co fin da tempada estival.


En concreto, o réxime xeral diminuíu en 132.243 persoas (-0,91%), ata alcanzar os 14.436.705 ocupados. A afiliación incrementouse, sobre todo, en actividades sanitarias e servizos sociais, con 13.837 ocupados máis (+0,97%) e hostalería, 11.855 (+0,91%).


En sentido contrario destacan educación, con 58.052 menos; industria manufactureira (-20.470); actividades artísticas, recreativas e de entretemento (-12.921) e construción, con 12.011 menos.


Trátase de sectores que habitualmente se deteñen en agosto e logo renovan a súa actividade en setembro.


En canto ao sistema especial agrario, experimentou un descenso de 18.932 afiliados (-2,57%), contando na actualidade con 719.007 afiliados medios.


Pola súa banda, o sistema especial do empregados do fogar rexistrou 3.432 persoas menos (-0,80%), e suma 426.134 ocupados, á vez que o réxime de autónomos conta con 3.191.697 persoas, tras rexistrar 13.330 ocupados menos (-0,42%).


Así mesmo, o réxime especial do mar incorporou 780 ocupados (+1,15%), chegando a súa cifra de ocupación a 68.695, mentres que o Carbón descendeu en 204 afiliados (-6,57%).



relacionada ​O sector do mar perdeu un 20% do emprego no últimos sete anos
relacionada ​La Xunta celebra los datos de empleo que los sindicatos ven "maquillados"
relacionada ​El segundo trimestre cierra con 4.900 parados menos en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE