PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ENCE
  • SERGAS
  • INDITEX
  • Ley solo sí es sí

Segunda xornada de batida con veciños e voluntarios para atopar pistas de Diana Quer

Ao redor dun centenar de persoas, entre cidadáns, efectivos de Protección Civil de varias localidades, axentes da Benemérita e da Policía Local, peitean o monte da Curota e distintas áreas da serra do Barbanza.

 

Redacción
Redacción
| viernes, 2 de septiembre de 2016, 13:11
  • 0
ARCHIVADO EN | diana quer Desaparicion Pobra do Caramiñal

Acurota

Monte da Curota // Ángel Aniorte, Facebook


Este venres é a segunda xornada consecutiva na que veciños da Pobra do Caramiñal e voluntarios de distintos organismos realizan unha batida para tentar atopar indicios que dean algunha pista sobre o paradoiro de Diana Quer, a moza madrileña de 18 anos desaparecida o pasado 21 de agosto nesta localidade coruñesa.


A Garda Civil supervisa e coordina un amplo dispositivo que, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Protección Civil, volveu a saír este venres desde a mesma zona que o xoves, en O Curro das Cañizadas.


Desde ese punto, ao redor dun centenar de persoas, entre cidadáns, efectivos de Protección Civil de varias localidades, axentes da Benemérita e da Policía Local, peitean o monte da Curota e distintas áreas da serra do Barbanza.


A procura é intensa desde o primeiro día en que se denunciou a falta da moza, co despregamento de unidades caninas, un helicóptero por aire e unha patrulleira por mar.


ESCASOS INDICIOS


Con todo, poucos son os achados nas proximidades de onde se viu a Diana Quer por última vez, nunha zona próxima ao paseo marítimo polo que se debía dirixir á súa casa de veraneo, en Cabío.


A isto súmase o segredo sumarial, que levou á Garda Civil a manter un estrito silencio informativo que evita achegar datos acerca das testemuñas que acudiron a declarar nos últimos días para achegar as súas versións co obxectivo de que poidan ser relevante para a investigación.


RETIRADA DA CUSTODIA


O avogado de Diana López-Pinel, Pedro Víctor de Bernardo, avalía se tomar medidas contra a decisión xudicial que supuxo a retirada da custodia da súa filla menor.


O letrado informou de que o xulgado aínda non enviou ningunha citación á nai da desaparecida Diana Quer, a moza madrileña de 18 anos que falta desde hai 12 días, cando foi vista por última vez na Pobra do Caramiñal, a localidade coruñesa onde veranea coa súa nai e a súa irmá pequena. O pai si compareceu en sede xudicial, este xoves.


Segundo Pedro Víctor de Bernardo, se non chega esa citación, requirirá que o seu cliente poida declarar en sede xudicial, pois está en contra de que a custodia lle fora retirada polo Xulgado número 2 de Ribeira.


Non é ese xulgado, senón o número 1 de instrución de Ribeira, o que instrúe a causa pola desaparición da filla maior de Diana López-Pinel, nunha investigación que se atopa baixo segredo de sumario e na que todas as hipóteses seguen abertas, desde a desaparición voluntaria, que baralla a Garda Civil, ata a retención en contra da súa vontade, que se manexou nun primeiro momento.


Sobre a súa clienta, o avogado, "amigo desde hai moitos anos" de López-Pinel, destacou que está "mal". "Perde unha filla e agora quítanlle á outra", lamentou. De feito, este xoves, en declaracións a Europa Press, a nai de Diana Quer recoñeceu estar "bastante afundida", aínda que "con fe en Deus".


relacionada ​La madre de Diana Quer: "Estoy bastante hundida, triste y destrozada, pero con fe en Dios"
relacionada ​El padre de Diana cree que la retirada de la custodia "llega muy tarde"
relacionada ​Diana puido ser vista despois do seu último whatsApp
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Detenidos dos hombres por un atraco en un comercio 24 horas de Ourense

La Xunta recoge en Vigo el Premio Feafes otorgado por su labor de inserción laboral de personas con enfermedad mental

Aplazado por la huelga de letrados un juicio en Ourense contra un hombre acusado de abusos sexuales a su hija

Jácome: "Nunca en la historia de Ourense hubo un gobierno o un alcalde que abordase tal cantidad de gestión de obras"

Cabeceralomasleido 1
1
El Camiño dos Faros: autopsia de una idea fracasada
2
Dos autobuses de Monbus tiroteados en Betanzos, sin dejar heridos pero sí daños personales
3
Estrella Galicia compra Grandes Pagos, bodega del presidente del Celta en la que fue accionista un conselleiro
4
Renueva tus electrodomésticos con la ayuda de la Xunta: así es el plan de ahorro para 20.000 familias
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora