#Claves de la semana

Estabilizado o incendio de Cualedro despois de queimar 500 hectáreas

O lume de Sandiás quedou extinguido e o de Laza está controlado, despois dunha tarde na que se chegou a decretar a 'Situación 1' pola proliferación de varios lumes simultáneos no distrito Verín - Laza.


|

Fuego120916

Imaxe de todos os lumes simultáneos onte // @briflaza


O incendio que afectou onte ao Concello de Cualedro (Ourense) "cunha virulencia atroz" e que estivo moi preto de varias casas da periferia na que se atopaba xente dentro, foi estabilizado, despois de queimar un total aproximado de 500 hectáreas segundo informa o 085 desde a súa conta de Twitter. 




A proliferación de varios lumes simultáneos, pola alta actividade incendiaria, no distrito forestal XIV (Verín-Viana) obrigou á Xunta a declarar onte, luns, a “Situación 1”como medida operativa para reforzar a coordinación dos medios e o persoal anti incendios.


Diso informou a Europa Press o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero (PP), que sinalou que se vivía "un auténtico caos" debido a unha tarde de "moito vento" e un lume que "viña de Portugal" que se estendeu pola zona.


Neste sentido, sinalou que o lume se propagara de forma tan rápida que "non dera tempo" a desaloxar a varios veciños, entre eles "xente maior", debido a que "había moito fume", sobre todo na zona da Pedrosa.


O lume tamén se aproximou a diversas naves, e queimou varias pacas de palla e ferramentas de labranza. Todo iso, nun Concello de Cualedro ao que afectan os incendios de forma reiterada no verán.


SANDIÁS


O incendio declarado no municipio ourensán de Sandiás, na parroquia homónima, quedou extinguido e segundo as últimas estimacións neste caso quedaron arrasadas polo lume cinco hectáreas, dúas delas de arboledo. 


Así o indicou a Consellería do Medio Rural, que sinalou que está extinguido o incendio declarado ás 15,35 horas do luns en Sandiás, tras quedar controlado ás 21,45 horas deste luns e ser desactivada a situación 2 por proximidade ao núcleo de Coalloso.


LAZA


Pola súa banda, o incendio rexistrado en Cambal, na localidade ourensá de Laza, quedou controlado ás 21,20 horas, cunha superficie afectada de 60 hectáreas.


Ademais, o Ministerio de Agricultura enviou medios aos lumes forestais de Sandiás e Laza. Así, mobilizáronse dous avións anfibios de 6.000 litros con base en Lavacolla, así como avións de carga en terra da base de Xinzo, xunto con outro de comunicacións da base de Matacán e unha unidade móbil de meteoroloxía con base en Ourense.


ACTUALIZACIÓN 13/09: Está controlado o incendio forestal de Cualedro e outros iniciados o luns na provincia de Ourense. A cifra de hectáreas queimadas mantense nas 500.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE