​Aplican a técnica de 'mulching' nas zonas ardidas en Porto do Son

|

Airmulching

Técnica 'air mulching' ou 'helimulching'


A técnica de 'mulching', que consiste en cubrir de palla o chan de zonas queimadas para protexelo da erosión e evitar que o arrastre de terras por choivas poida a afectar o leito de ríos e mares, está a aplicarse nas tarefas de recuperación que levan a cabo en Porto do Son, tras os incendios forestais que afectaron este verán ao municipio.


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou este mércores a zona afectada de Porto do Son para supervisar as tarefas de recuperación de montes. En concreto, esta mañá procedeuse coa técnica de 'air mulching', que consiste en lanzar esa palla de trigo desde helicópteros.



Mulchingvazquez2


Así mesmo, nos últimos días realízanse labores como o reestablecemiento de peches para o gando, a eliminación de madeira sen valor de mercado para mellorar a rexeneración, así como a recuperación de infraestruturas de protección de terreos forestais, entre outros.


Ademais, a conselleira subliñou que está aberto o prazo de solicitude de axudas da Xunta para compensar as perdas polos incendios forestais do verán, con orzamento dun millón de euros.

relacionada 7 millóns para repoñer os danos dos lumes forestais
relacionada ​A campaña contra incendios continúa con 436 traballadores menos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress