​Rocío de Frutos mantivo o 'non' e Cancela acatou a abstención

|

Frutoscancela


A deputada ourensá Rocío de Frutos confirmou o seu "non" a Mariano Rajoy no Congreso durante a sesión de investidura celebrada este sábado, rompendo tal e como anunciara a disciplina de voto do seu partido que acordou absterse durante o Comité Federal celebrado o pasado domingo.

Momentos antes de iniciarse a sesión, a deputada galega asegurara que mantería a súa 'non' "ata o final" en cumprimento da promesa realizada aos cidadáns, aínda que "de momento" non deixará o seu escano no Congreso tal e como fixo o exsecretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez.

O resto de deputados galegos do PSOE, a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, o deputado por Coruña Ricardo García, a deputada por Lugo Margarita Pérez Herraiz, o parlamentario por Pontevedra Guillermo Meijón e a deputada Dores Galovart, sumáronse á abstención cumprindo a disciplina de voto da formación socialista.

"ACÁTOA PERO NON A COMPARTO"

Cancela explicou, en declaracións a Europa Press, que "sempre" defendeu "a posición do non", achacando a súa postura á "responsabilidade" que mantén como "presidenta da xestora" dos socialistas galegos, que lle obriga a "acatar e facer velar polo cumprimento das normas e resolucións". "Acátoa pero non a comparto", insistiu.

"A partir de aí", realizou "un chamamento" á dirección provisional do PSOE a que convoque primarias e congreso "xa", dado que "é a militancia a que ten que ser escoitada" e "a fractura do pode seguir profundándose". "Se queremos coser, a única maneira é que fale a militancia", reiterou.


Preguntada pola decisión de 15 deputados socialistas de votar 'non' a Rajoy, Cancela considerou que a xestora do PSOE "ten que tentar reconducir a situación", ao que "non axudará o feito de impoñer sancións" ou "medidas drásticas" como a expulsión da formación.

Tamén trasladou o seu "respecto" polo voto negativo da súa compañeira Rocío de Frutos dado que "non ten ningunha responsabilidade orgánica" e sempre "mantivo a posición que defendeu" durante a sesión de investidura deste sábado.

QUINCE SOCIALISTAS

Un total de 15 deputados do Grupo Socialista romperon finalmente a disciplina de voto e mantiveron o seu 'non' ao candidato do PP á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, desatendendo o mandato do Comité Federal do PSOE que decidiu a abstención que permite a investidura do líder dos 'populares'.

relacionada A deputada galega do PSOE votará en contra da investidura de Rajoy
relacionada Pedro Sánchez entrega a súa acta de deputado

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress